Ola peques e familias!!
Esta semana vivimos unha experiencia moi emocionante!!
Despois de traballar intensamente o curso pasado o tema da ARTERAPIA facendo felices aos avoíñ@s dos CENTROS DE DÍA da Arousa, Cambados e Vilagarcía a través de cartas, debuxos e visitas del@s ao cole... tocounos coller o bus e visitar o último!!


O elfiño e Amaranta quixeron vir con nós e estaban tan content@s que bailaron durante toda a viaxe!!

Nós estabamos moi emocionad@s!! Era unha excursión verdadeiramente especial polo seu significado!!

Só chegar recibíronnos con aplausos!! Foi incrible!!


Ver as súas cariñas e disfrutar das súas apertas e bicos fixo moi especial a chegada!! Alucinamos cando vimos o nome do proxecto do cole na súa pantalla!! E tamén o do proxecto de segundo!!


Para comezar fixemos un precioso XOGO DE PRESENTACIÓN!!
Despois fixemos equipos mesturados e tocaba colaborar para coñecer máis sobre a TRADICIÓN coa axuda dun xogo que nos prepararon os avoiñ@s!!

Incluía cantar a bailar moito!!
Ata cun concerto moi especial!!
Foi un momento divertido, didáctico e emocionante a partes iguais!! Tamén tiñan preparado o xogo das cadeiras onde a empatía foi o mellor ingrediente!! Unha imaxe vale máis que mil palabras!!
A unión á hora de animar foi preciosa!! E comentarios dun peque cara unha "avoíña" como: "Moi ben Isabel, ganaches catro rondas!!" deixáronnos sen palabras!!
Compartir CANTIGAS TRADICIONAIS e moitos SORRISOS demostrou que "NON HAI FRONTEIRAS" entre nós!!
Nós tamén tiñamos unha SORPRESA!!
Unha carta moi especial e debuxos feitos con moito amor que lles encantaron!!




Compártovos unha conversa da seguinte imaxe:
- Encantaríame ler a vosa carta pero non sei... (avoíña)
- Se queres lémoscha nós!! (peques)
Invitáronnos a unha riquísima merendola para repoñer forzas!!
E... seguimos con BINGO de CANTIGAS TRADICIONAIS e música máis moderna!!

O equipo gañador tivo ata TROFEO feito pol@s avoíñ@s!!
Pero como tod@s o fixemos tan ben decidimos compartilo!! Tamén...co elfiño!! Non podía ter mellor comezo o noso proxecto de segundo: "CONTAMOS, CANTAMOS...RECORDAMOS".
O momento máis emotivo chegou cando nos agasallaron con PULSEIRAS DA AMIZADE que debiamos intercambiar con alguén!! Ata tiñan unha para Amaranta e o elfiño!! As emocións estiveron a flor de pel...

Aproveitando un raio de sol fomos un ratiño ao parque acompañados por algún avoíño!!
E aínda quedaba un agasallo moi especial para @s peques e as mestras!!
Sen dúbida esta excursión merecía unha entrada longa e, aínda así, aquí non se pode recoller o verdadeiramente importante... os momentos especiais compartidos, as aprendizaxes, valores e emocións que levamos para sempre nos nosos CORAZONCIÑOS!!
E nos nosos SORRISOS!! Aquí unha mensaxe despois dunha actividade de reflexión que fixemos ao día seguinte!!
Faltan palabras para AGRADECER tanto agarimo por parte d@s AVOÍÑ@S, de Carolina e do seu equipo!! Sodes moi especiais!!


Levámosvos no CORAZÓN e esperamos prontiño a vosa visita ao cole!!
Se aínda queredes ver máis pinchade no seguinte enlace:
Apertiñas moi emocionadas!!
Ola a tod@s, que excursión tan bonita e que tantas tradicions vos contaron no centro de día Lembranzas. Ainda que hai moitos anos de diferencia esta claro que como di a canción "NON HAI FRONTEIRAS", as imaxes valen mais que 1000 palabras 😍😭😍
ResponderEliminarMoitas gracias as profes por organizar esta maravillosa excursión e o centro de Día Lembranzas por deixarlles pasar unha mañá tan enriquecedora. Un saúdo, a nai de Hugo 👏👏👏👏👏
Ola son Hugo gustaronme moito ver os vídeos e iiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiir o centro de día Lembranzas a veeeeeeeeeeer os avoiños e estaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaar con eles. E a avoiña mais graciosa de todas foi Sita e o mais gracioso dos avoiños foi Ramón, estuvo moooooooooi chulo quero que veñan o cole e ahora quero ir o centro de Cambados, estuvo moi guai a excursión. Quero repetir, un saúdo 🧓🧓🧓🧓🧓🧓🧓🧓🧓🧓👩🦳
ResponderEliminarOla!! Que día cheo de emocións e aprendizaxes, pero sobre todo de moitos sorrisos!!
ResponderEliminarGracias a vós por vir e facer un pouco máis felices os nosos “avoiños/as”
Mañá voulles a ensinar esa pedazo sorpresa en forma de vídeo que lle mandades dende o blog.
E como xa vos dixo Ramón vémonos moi prontiño no cole!
Apertas!Carolina(a mamá de Enma)
Ola rapaciños e rapaciñas, somos os avós e avoas de Lembranzas, Sita e Ramón din que o pasaron estupendamente con vós. Sodes uns artistas, demostrando no concurso que tedes un montón de coñecementos sobre as nosas tradicións musicais . Esperamos vervos pronto de novo xa que non paramos de falar de vós en todo o día . Uns biquiños e unhas apertas moi grandes!! Querémosvos moito :)
ResponderEliminar