25N - Día internacional da eliminación da violencia contra a muller.
Ola peques e familias!!
Hoxe reunímonos todo o colexio no patio para unha CONMEMORACIÓN que ogallá pronto non sexa necesaria.
O 25 de NOVEMBRO é o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER. Seguindo o tema da TRADICIÓN, a actividade tratábase de reflexionar sobre a estrofa dunha muiñeira que se asignou a cada curso e CAMBIAR o que considerasemos violento.
A estrofa de segundo foi a seguinte:
Despois dunha longa reflexión sobre eses versos pero tamén sobre todos os tipos de VIOLENCIA que aínda nos rodean, puxemos en común cos compis de 2º B as ideas que tiñamos para cambiala.
O resultado da nosa aula foi o seguinte!!
O seguinte paso era dramatizala!! Así que practicamos moito na clase!!
Ola son Enma, Ter preto unha campioa, é unha sorte tremenda, traballa de maravilla, sen que un home a deteña. Ailalala ailalala ailalalalarararara!! Non podo parar de cantala!!💜
Ola, pero que cantigas tan fermosas vos quedaron. Menuda volta de folla máis bonita lle déstedes, e con mensaxes tan reais e importantes.Unha aperta reivindicativa! Carolina( a mamá de Enma)
Ola son a nai de Hugo. Unha estrofa moi bonita para o 25N, esperemos que se acabe pronto esa violencia, que todos os días sexan 25 de Novembro 😍😍😍 Un saúdo
Ola son Enma,
ResponderEliminarTer preto unha campioa, é unha sorte tremenda, traballa de maravilla, sen que un home a deteña. Ailalala ailalala ailalalalarararara!! Non podo parar de cantala!!💜
Ola, pero que cantigas tan fermosas vos quedaron. Menuda volta de folla máis bonita lle déstedes, e con mensaxes tan reais e importantes.Unha aperta reivindicativa! Carolina( a mamá de Enma)
ResponderEliminarOla son a nai de Hugo. Unha estrofa moi bonita para o 25N, esperemos que se acabe pronto esa violencia, que todos os días sexan 25 de Novembro 😍😍😍
ResponderEliminarUn saúdo
Olá sin Valentina, non paro de cantar a canción, cantos todo o día. Gustoume moito o día de onte. Apertas 😵💫😍🥰😘😍❤️😘🎉😇
ResponderEliminarOla son Alén, desexaría que isto da violencia acabase dunha vez. ☮☮☮☮
ResponderEliminar