07 xuño 2026

Obradoiro entre madeira!!

Ola peques e familias!! 

Fai uns días visitounos o pai de Martiño para presentarnos a súa profesión!! Él é CARPINTEIRO!! 


Comezou mostrándonos o MATERIAL estrela que utiliza, a MADEIRA!! 

Como sabía que estabamos traballando este tema, ensinounos un truco para diferenzar se é NATURAL ou ARTIFICIAL mediante o OLOR!! Recordades cal era? Escribídeo en comentarios!! 

E tamén xogamos a adiviñar!!

Despois continuamos polas MÁQUINAS!! 

Comezou ensinándonos as que se usaban antes para despois presentarnos as que usa el actualmente!! 

Aproveitamos para clasificalas nos tipos que aprendemos na aula!! 

Pero aínda tiña gardado un SORPRESÓN!! Tiñamos que montar un moble entre todas/os!! Vaia gran aprendizaxe para a vida!! 

Conseguímolo e xa somos uns expertos/as!! Antes de marchar agasallounos deixándonos o moble na aula para que practicaramos e tamén nos trouxo uns detalliños!! 

Nós pedímoslle axuda para clasificar a súa profesión e entregámoslle o seu merecido DIPLOMA!! 

Grazas Álex e Manola pola vosa visita e por ensinarnos tanto!! 

Apertiñas traballadoras!!

O noso pasado é importante!!

Ola peques e familias!! 
Este trimestre traballamos un tema apaixoante!! Investigamos sobre o noso pasado!! O da nosa localidade e os das nosas familias!! Descubrimos e chegaron á aula un montón de cousas interesantes!! 
Alucinounos saber que o parque do Regueiro que tanto nos gusta, antes era unha praia ou a que xogaban as nosas nais, pais, avoas e avós cando eran pequenas/os!! Resultounos curioso tamén que moitos xogos se manteñan!! Ler as nosas historias na aula foi un momento moi emocionante!!
Nalgunhas delas falábase tamén de como comezou a televisión, os primeiros programas ou películas...e grazas a iso a mestra presentounos a un personaxe que nos ten estusiasmados/as xa que nos fai rir moito!! Referímonos a CHARLES CHAPLIN!! Fomos conscientes de que ata sendo CINE MUDO e en BRANCO E NEGRO podía estar moi chulo!! Aquí queda un capítulo que nos encanta!! 
Con todas estas historias elaboramos un libriño moi especial que se quedou na nosa BIBLIOTECA DE AULA e que nos encanta ler!!
Unido a este tema traballamos os MATERIAIS e as MÁQUINAS!! No primeiro caso comezamos traballando cun conto!! 
Este conto tamén nos preparou para o seguinte... xa que continuamos montando un MUSEO DE MÁQUINAS ANTIGAS grazas á vosa colaboración familias!! 
Foi moi chulo contar as historias de cada unha, ademais de analizar de que tipo eran!!
 Aprendemos un montón!!Tamén cos libros que completaron o museo!!
 E ata o visitaron os compis de sexto, os nosos padriños e madriñas lectores aos que lles fixemos de guías!! 

Foron uns temas apaixoantes!! 
Apertiñas investigadoras!!

05 xuño 2026

Décimo sétimo protagonista da semana!!

 

 Ola peques e familias!! 

Seguimos con esta actividade na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e momentos nos que sentirnos IMPORTANTES!! O décimo sétimo protagonista da semana foi Iván!! Sempre comezamos compartindo cos compis a CAIXIÑA DA VIDA, na que incluímos cousiñas especiais para nós por diferentes motivos!! 
Neste caso, obxectos de cando era bebé e os seus xoguetes favoritos!! Cun deles ata nos fixo unha simpática representación!!


Trouxo tamén un contiño especial que deixou na aula!!


E nos presentou a parte da súa familia cunhas fotiños moi bonitas!! 

E para rematar a semana argallou coa súa avoa unha sorpresa!! Quixo invitarnos a merendar un delicioso biscoito!!

Grazas Iván por compartir todo con nós!! Esperamos que fose unha gran semana para ti QUERIDO PROTAGONISTA!! 

Apertiñas emocionadas!!

04 xuño 2026

Conmemoramos o DÍA DO MEDIO AMBIENTE!!

 Ola peques e familias!! 

Hoxe tivemos unha mañá moi entretida e interesante!! Adiantándonos a mañá, DÍA DO MEDIO AMBIENTE, acodimos á praia do CABODEIRO a realizar unha REXENERACIÓN DESE AREAL!! 

O primeiro foi escoitar atentamente a explicación, tipos de ferramentas... 

A primeira tarefa foi recoller todo o LIXO que atopamos que foi moito por desgraza!!

 Xa falamos que está nas nosas mans que esta tarefa non volva a ser necesaria nunca máis!! Oxalá pronto!! Despois retiramos as algas, o esterco!!

 E a última foi realizar unha SEMENTEIRA DE AMEIXAS!! Preparamos o terreo, fixemos os regos, sementamos a cría e tapamos de novo!!

 Quen grande experiencia!! As monitoras dixéronnos que despois de tantas actividades deste tipo somos moi expertos/as!! Que bonito é coñecer  máis a nosa Arousa e todos os tesouros que contén!! Grazas á OPP20 por esta oportunidade e todas as anteriores!! 

Apertiñas mariscadoras!!

01 xuño 2026

Recomendacións lectoras de verán!!

Ola peques e familias!! 

Coa chegada do mes de xuño Libria xa publicou no seu blog RECOMENDACIÓNS LECTORAS para este verán!! Ademais, este curso estivo tan viaxeira que vén cargadiña de novidades moi aventureiras e interesantes!! Visitádeas e comezade xa a elexir lecturas para as vacacións!!

BLOG DA BIBLIOTECA

 Apertiñas lectoras!!

30 maio 2026

Un obradoiro moi interesante!!

Ola peques e familias!!
Fai uns días visitounos a nai de Iván que é operaria nunha fabrica!! 
Explicounos todos os procesos que levan a cabo, as máquinas que usan e os produtos do mar que envasan!! Foi moi interesante!! 
Pero nos gustou aínda máis cando nos fixo esta pregunta!! 
Por suposto, dixemos que si e puxémonos mans á obra!! Repartimos os postos porque tocaba TRABALLAR EN EQUIPO!!  Tiñamos ao barco, ao camión, á xefa, ao encargado de mantemento, aos operarios...todos cunha función importante!! 
Así que primeiro chegou o barco co produto e tocou separar os corpos das cabezas para despois colocalos en bandexiñas coa mesma cantidade!! 
Despois, chegou o envasado e o camión finalmente trasladou o produto listo ao supermercado!!! 
Foi un proceso longo pero rematou con éxito grazas á colaboración de todos/as!! Antes de marchar, clasificamos a súa profesión no sector correspondente e entregámoslle un merecido DIPLOMA!!
Grazas Esther por todo o que preparaches e por todas as aprendizaxes!!
Apertiñas interesadas!!

28 maio 2026

Saída ao CENTRO DE DÍA AROUSA!!

 Ola peques e familias!! 
Hoxe vivimos unha xornada moi especial!! Despois de cartearnos co CENTRO DE DÍA AROUSA e recibir a súa resposta en forma de invitación para visitalos e poder coñecernos non o dubidamos e alá nos fomos moi ilusionados/as!! Xa só pensar en PINTAR ALGÚN SORRISO nas súas cariñas nos motivaba!! 
Chegamos e o primeiro foi presentarnos!! Enzo nos axudou xa que coñece moi ben este lugar!!
 Despois de merendar, nos propuxeron facer unha actividade preciosa conxunta!! Nunha cartolina debiamos plasmar en forma de COLLAGE os GUSTOS dos membros do equipo formado por usuarios/as do centro de día e por algún/algunha de nós a través de pegatinas e de imaxes que debiamos recortar e pegar!!
Isto xerou CONVERSA, AXUDA, COMPRENSIÓN, PACIENCIA, AGARIMO, CONEXIÓNS PRECIOSAS...
Os resultados foron preciosos pero os momentos, os sorrisos, os valores e aprendizaxes que nos brindou o proceso foi o realmente importante!!
Por exemplo, "profe, eu xa son amiga de Rosa", ou... "profe, sabes que a Manolo gústanlle os cans como a min?" ou... "sabes profe? Lola pediume que lle recortara un corazón de recordo e quedou moi contenta!!"ou...frases espontáneas que aparecían nos debuxos como esta:
Ou..."profe, eu fíxenlle este debuxiño para Carmela" (un pequeno corazón precioso que pegaron no medio do collage).
Antes de marchar quixemos entregarlles un detalliño. Elaboramos entre todos/as unha postaliña polo seu terceiro aniversario!! 
Eles/as tamén tiñan algo preparado para nós!! Fixérannos xabóns e galletiñas eles/as mesmos/as!! 
A mestra emocionouse cando lle deron unha bolsiña cunha mensaxe moi especial!! 
Grazas a vós sempre!! Porque efectivamente moitas aprendizaxes importantes non saen nos libros!! 
Apertiñas emocionadas!!

Lectura a escuras!!

Ola peques e familias!!  Un dos mellores momentos do Samaín é a actividade da LECTURA A ESCURAS en pixama na biblioteca!!  Ao entrar xa nos ...