04 xuño 2026

Conmemoramos o DÍA DO MEDIO AMBIENTE!!

 Ola peques e familias!! 

Hoxe tivemos unha mañá moi entretida e interesante!! Adiantándonos a mañá, DÍA DO MEDIO AMBIENTE, acodimos á praia do CABODEIRO a realizar unha REXENERACIÓN DESE AREAL!! 

O primeiro foi escoitar atentamente a explicación, tipos de ferramentas... 

A primeira tarefa foi recoller todo o LIXO que atopamos que foi moito por desgraza!!

 Xa falamos que está nas nosas mans que esta tarefa non volva a ser necesaria nunca máis!! Oxalá pronto!! Despois retiramos as algas, o esterco!!

 E a última foi realizar unha SEMENTEIRA DE AMEIXAS!! Preparamos o terreo, fixemos os regos, sementamos a cría e tapamos de novo!!

 Quen grande experiencia!! As monitoras dixéronnos que despois de tantas actividades deste tipo somos moi expertos/as!! Que bonito é coñecer  máis a nosa Arousa e todos os tesouros que contén!! Grazas á OPP20 por esta oportunidade e todas as anteriores!! 

Apertiñas mariscadoras!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Conmemoramos o DÍA DO MEDIO AMBIENTE!!

 Ola peques e familias!!  Hoxe tivemos unha mañá moi entretida e interesante!! Adiantándonos a mañá, DÍA DO MEDIO AMBIENTE, acodimos á praia...