05 xuño 2026

Décimo sétimo protagonista da semana!!

 

 Ola peques e familias!! 

Seguimos con esta actividade na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e momentos nos que sentirnos IMPORTANTES!! O décimo sétimo protagonista da semana foi Iván!! Sempre comezamos compartindo cos compis a CAIXIÑA DA VIDA, na que incluímos cousiñas especiais para nós por diferentes motivos!! 
Neste caso, obxectos de cando era bebé e os seus xoguetes favoritos!! Cun deles ata nos fixo unha simpática representación!!


Trouxo tamén un contiño especial que deixou na aula!!


E nos presentou a parte da súa familia cunhas fotiños moi bonitas!! 

E para rematar a semana argallou coa súa avoa unha sorpresa!! Quixo invitarnos a merendar un delicioso biscoito!!

Grazas Iván por compartir todo con nós!! Esperamos que fose unha gran semana para ti QUERIDO PROTAGONISTA!! 

Apertiñas emocionadas!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Décimo sétimo protagonista da semana!!

    Ola peques e familias!!  Seguimos con esta actividade na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos ...