12 xaneiro 2025

Comezamos o ano con MENCIÓN DE HONRA!!

 Ola peques e familias!! 

Estreamos entrada no BLOG este ano cunha boa nova impresionante!! 

Libria volo conta aquí: 

BLOG DA BIBLIO

Só agradecervos a vosa implicación no proxecto de centro: "BenestART" e, en concreto, a colaboración no apartadiño no que 1º nos centramos...a ARTERAPIA!! 

Foi moi gratificante facer felices a tantas persoas a través del, aprender tanto e, ademais, recibir un RECOÑECEMENTO tan importante!! Ser PINTORES/AS DE SORRISOS foi moi boa idea!! Seguiremos traballando coas mesmas ganas e ilusión para que o proxecto deste curso: "AROUSA EN TRADICIÓN" sexa, polo menos, igual de fructífero!! 

Apertiñas emocionadas!!


10 xaneiro 2025

A familia da profe Ali tamén nos visitou!!

Ola peques e familias!! 

E para rematar as entradas recordando os últimos OBRADOIROS DE FAMILIAS tivemos un que nos pillou de SORPRESA!! Cando chegamos do recreo estaban na nosa aula dúas personiñas que non coñeciamos!! 

A profe Ali díxonos que viñan a facer un obradoiro pero... non era da familia de ningún de nós!! Pero pronto demos coa solución!!

Xa que estabamos traballando a FAMILIA e as profesións a profe Ali decidiu invitar á súa nai e ao seu avó!! Era unha visita moi especial para ela e estaba tan ilusionada como cando nos visitaron a nós as nosas!! 

Non deixamos pasar un minuto e comezamos as preguntas ao avó Augusto comezando pola súa idade e a súa profesión!! 

Contounos que primeiro era agricultor pero despois... CAMIONEIRO!!

Tamén falamos das súas afeccións como o fútbol, de como era o seu cole ou a que xogaba de pequeno. Sorprendeunos que tamén lle gustaba o trompo como a nós e pedímoslle que intentara poñelo a bailar!! El non confiaba moito pero... conseguiuno!! 

Nós quedamos alucinad@s e continúa sendo un momento que recordamos a miúdo na aula!! Despois tocou o turno de María que nos contou que era funcionaria, aínda que lle gustaba a profesión de mestra por iso... rematou cun precioso conto!! 

Deixounos alucinad@s que cando marchaba case recordaba todos os nosos nomes!!

Despois axudáronnos a clasificar as súas profesións!!

Antes de marchar quixemos facerlles uns agasallos en forma de debuxo e tamén de apertas!! 

Ambos marcharon moi emocionad@s pero especialmente o avó que nunca esquecerá este momento nin a súa neta, a profe Ali!! GRAZAS A TOD@S!!

Apertiñas familiares!!

Recordando a importancia das profesións da casa!!

 Ola peques e familias!! 

Seguimos recordando os últimos OBRADOIROS DE FAMILIAS do curso pasado dándolle esta vez a gran importancia que ten o unha PROFESIÓN da que, ás veces, nos olvidamos e é moi importante!! Raquel, a nai de Isabela, veu a contarnos todo o que supón ser AMA DE CASA.

 Explicounos que é unha profesión que engloba moitos traballos e que nunca se acaban, xa que se realizan todos os días da semana. Poderiamos nomear algún como planchar, limpar, cociñar, facer as camas... pero nunca acabariamos!! 

Tamén veu con ela Mila, a tía de Isabela, que tamén nos falou da súa profesión e nos trouxo unha mostra do rico que cociña!! 

Vaia torta de queixo máis rica!! Por se fose pouco, aínda tiñan outro agasalliño relacionado coa profesión de Mila no mar!! 

Antes de marchar, axudáronnos a clasificar a súa profesión e recibiron o merecidísimo DIPLOMA!! 

Moitas grazas pola visita e poñer en valor unha profesión tan importante!! 

Apertiñas traballadoras!!

Recordando un obradoiro moi da Arousa!!

Ola peques e familias!! 

Seguimos recordando os últimos OBRADOIROS DE FAMILIAS do pasado curso e esta vez tócalle a un moi relacionado coa nosa terriña!! Ou máis ben co noso mar!! 

Os papis de Carmen apareceron cunha SORPRESA enorme!! Trouxeron unha DORNA de verdade ao cole!!

 Alucinamos cando a vimos no patio!!

 

Aprendemos moito sobre ela, as súas partes....e ademais, izaron a vela e deixáronos probar a tod@s!! 




E, por se fora pouco, aprendemos a técnica para REMAR correctamente!! Vaia experiencia!!

 Para rematar, tiñan un agasalliño para nós!!

 Ademais, axudáronnos a clasificar a súa profesión e recibiron o merecido DIPLOMA!!

 Moitas grazas pola orixinal visita e as aprendizaxes!! 

Apertiñas marítimas!!

Recordando a visita dunha mami subalterna!!

Ola peques e familias!! 

Como vos tiña prometido faltaban as entradas dos últimos OBRADOIROS DE FAMILIAS do curso pasado!! Un deles foi a visita de Guiomar, a nai de Álex, que ten unha profesión cun nome un pouco complicado pero que mola moito! Ela é SUBALTERNA nun instituto!! 

Unha das cousas máis chulas é a cantidade de CHAVES que ten porque abre e pecha todas as portas!! 

Pero fai moitas máis cousas que axudan aos seus compañeir@s como encadernar!! 

Tamén plastifica traballiños e tivemos a sorte de que nos ensinase como se fai e poder crear xunto a ela un PLANETARIO enorme para a aula!! Encantounos!! 

Ademais, tróuxonos máis agasalliños que fan onde traballa, uns xabóns e unhas cremiñas que non puidemos esperar para probar!!

 Antes de marchar axudounos a clasificar a súa profesión e entregámoslle o merecido DIPLOMA!! 

Moitas grazas pola visita e as aprendizaxes!! Apertiñas agradecidas!!

Lectura a escuras!!

Ola peques e familias!!  Un dos mellores momentos do Samaín é a actividade da LECTURA A ESCURAS en pixama na biblioteca!!  Ao entrar xa nos ...