17 decembro 2024

Estes elfiños non paran!!

 Ola peques e familias!! 

Que semaniñas de aventuras estamos vivindo cos nosos elfiños!! Hai días máis tranquilos como cando se lles ocurriu xogar ao XADREZ!! (Aínda que incluísen policías e conos de tráfico!!)

Ou cando se reuniron para ler un CONTIÑO!! Que marabilla velos tan tranquiliños!! (aínda que despois se trasladasen a esconderse na biblioteca!!)

Non se nos pode esquecer o día que chegamos e tiñan preparada unha MACEDONIA un tanto peculiar!!! A excusa?? Axudarnos a repasar normas ortográficas!! 

Pero viñeron días moviditos cando chegamos a clase e vimos que pola noite visitaran a fotocopiadora do  cole e... a que liaran!! 

E para rematala ben, ocurríuselles decorar máis a aula de Nadal pero... 

...á súa maneira!!

Pintando todos os cristais!! 

A profe aínda está agardando a que o limpen pero o certo é que lle gustou tanto como quedou que deulles de prazo ata a volta de vacacións!! Co tranquiliños que parecen...

Aínda quedan 3 diíñas... isto non rematou!! Acabaremos de contarvos as últimas aventuras!!

 Apertiñas emocionadas!!

16 decembro 2024

Repartindo SORRISOS no centro de día da Arousa!!

Ola peques e familias!! 
Que día máis especial pasamos o xoves pasado!! Preparámonos coas nosas mellores galas NAVIDEÑAS para unha excursión cun precioso obxectivo: repartir o AGASALLO máis bonito do Nadal...MOITOS SORRISOS!! 
E temos que dicir... que tamén Amaranta e os elfiños esperaban preparados!! Así que os levamos!!
No CENTRO DE DÍA DA AROUSA esperábannos moitos avoíños e avoíñas e queriamos facelos felices!! 
Así que xa polo camiño fomos practicando panxoliñas acompañados/as dos elfiños e demais personaxes navideñas!! 
Que alegría cando chegamos!! 
Non puidemos esperar nin un minuto para cantarlles e bailar para eles e elas!! 
Estabamos tan emocionados/as que seguimos repartindo ilusión cunha CARTA e debuxos feitos con moito agarimo que preparamos uns días antes cos compis de 2ºB!! 
CANTOS SORRISOS CONSEGUIMOS!! 
Tamén os nosos amiguiños!! 
Seguimos cun xogo INTERXERACIONAL que nos prepararon!! 
E despois tocou merendar!! 
Grazas polo rico biscoito!! 
Como despedida, non podían faltar unhas PANXOLIÑAS que cantamos e bailamos xunto cos avoíños e avoíñas, xogando ás estatuas musicais!! 
Foi un baile que combinou CANCIÓNS TRADICIONAIS que lle gustan a eles e elas e as que están de moda e nos gustan a nós!! 
Pero bailámolo todo e alucinamos coa marcha que teñen!! Despedíronnos cun agasallo para as nosas árbores de Nadal feito por eles/as!! Que preciosidade!! E... aínda quedaba unha SORPRESA que as mestras tiñan preparada!! Aproveitando o soliño... un pouquiño de parque!!
Canto disfrutamos e cantas aprendizaxes nos levamos!! Volveremos prontiño!! 
Apertiñas emocionadas!!

12 decembro 2024

Recomendacións lectoras para o Nadal!!

Ola peques e familias!! 
Un curso máis Libria retoma a TRADICIÓN de compartir con vós unhas RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL!! 
Podedes atopalas no seguinte enlace:
Sería marabilloso que en todas as CARTAS dos/as nosos/as peques houbera CONTIÑOS!! Xa que recordade que... 
"UN DÍA SEN LER, 
É UN DÍA PERDIDO". 
Ata o noso elfiño o sabe!! 
Apertiñas lectoras!!

08 decembro 2024

Chega decembro... VOLVE O ELFIÑO!!

Ola peques e familias!! 

Un curso máis o Nadal chega á nosa aula cunha ilusionante TRADICIÓN!! 

O ELFIÑO TRAVESIÑO!! 

Ou neste caso...

UN NOVO ELFO, 

amigo de Travesiño!! 

 Como dicía a CARTA, isto promete moitas SORPRESAS e... trastadas!! (Xa sabedes, sempre bromiñas que se poidan arranxar facilmente...). Para ir facéndonos á idea, comezamos cun labirinto de mesas!! Iupiii!! 

O segundo día enterouse de que a profe Ali tiña preparados uns materiais no conxelador para facer EXPERIMENTOS sobre os estados da auga... e alá foi!! Segundo el/eles foi para deixar unhas pistas!! Serán... 

Menos mal que despois recolleron todiño!!
E a verdade que nos valeu para introducir o tema!!

Esa semana retomabamos o estudo das HORAS e xuntando ese tema coa auga... mirade a ocurrencia!! 

E que opinades do xoves no que decidiron axudarnos a repasar ORTOGRAFÍA cunha peculiar maCEdonia?? 

A cabeciña non lles para!! E únense tod@s!! Incluso @s que nos visitan dende as vosas casiñas!! Para mostra esta imaxe á volta dun recreo!!

Xa esperamos con moita ilusión que nos deparará o martes!! A que se adicarían nestes días festivos?? Quen sabe!! E volveremos a ter carta da GOTIÑA DA AROUSA?? Aínda temos que contarvos todo sobre isto!! Estade atentos/as a próximas entradas!! 

Apertiñas festivas!!

O día do SAMAÍN!!

 Ola peques e familias!!  Despois de moitos días esperando chegou o DÍA DO SAMAÍN!!  O cole encheuse de personaxes variados entre os que apa...