Ola peques e familias!!
Un curso máis o Nadal chega á nosa aula cunha ilusionante TRADICIÓN!!
O ELFIÑO TRAVESIÑO!!
Ou neste caso...
UN NOVO ELFO,
amigo de Travesiño!!
Como dicía a CARTA, isto promete moitas SORPRESAS e... trastadas!! (Xa sabedes, sempre bromiñas que se poidan arranxar facilmente...). Para ir facéndonos á idea, comezamos cun labirinto de mesas!! Iupiii!!
O segundo día enterouse de que a profe Ali tiña preparados uns materiais no conxelador para facer EXPERIMENTOS sobre os estados da auga... e alá foi!! Segundo el/eles foi para deixar unhas pistas!! Serán...
Menos mal que despois recolleron todiño!!E a verdade que nos valeu para introducir o tema!!
Esa semana retomabamos o estudo das HORAS e xuntando ese tema coa auga... mirade a ocurrencia!!
E que opinades do xoves no que decidiron axudarnos a repasar ORTOGRAFÍA cunha peculiar maCEdonia??
A cabeciña non lles para!! E únense tod@s!! Incluso @s que nos visitan dende as vosas casiñas!! Para mostra esta imaxe á volta dun recreo!!
Xa esperamos con moita ilusión que nos deparará o martes!! A que se adicarían nestes días festivos?? Quen sabe!! E volveremos a ter carta da GOTIÑA DA AROUSA?? Aínda temos que contarvos todo sobre isto!! Estade atentos/as a próximas entradas!!
Apertiñas festivas!!
Ola son a nai de Hugo. Vamos a ter que vixilar mais o elfiño, esta seguido a hacernos transadas. E moi pillaban 😃😃😃 Saudos
ResponderEliminarOla son Mía este el filo non para de facer nos trastadas e moi traveso , xo di o no me Tavesiño…chao …
ResponderEliminar