07 outubro 2026

Aprendemos xogando!!

 Ola peques e familias!! 

Na nosa aula encántanos aprender xogando!! Ata os momentos de XOGO LIBRE nos enriquecen en moitos sentidos!! Durante este trimestre estamos descubrindo novos xogos guiados pola profe!! Ás veces non nos resulta sinxelo respectar as normas, disfrutar do xogo en equipo ou manter un volume axeitado, por iso pouco a pouco imos practicando e facéndoo mellor!! Cando somos conscientes do ben que se pasa facéndoo ben é cando todo comeza a funcionar!!

 Nos xogos deste día LEMOS, desenvolvemos a nosa IMAXINACIÓN inventando historias, practicamos a NUMERACIÓN, o razoamento, a paciencia, o respecto das quendas... entre mil cousas máis!! 

As películas tamén nos achegan á cultura e a miles de valores!! E visitar o auditorio fai que coñezamos e aprendamos a aplicar as normas dese espazo. 

 Gozamos da primeira saída do curso grazas ao cineclube Entrecortiñas!! 

Apertiñas disfrutonas!!

1 comentario:

  1. Me encanta flow ahora flow e a miña película favorita , Vega😻

    ResponderEliminar

Festa das 2 centenas!!

 Ola peques e familias!!  O primeiro día de curso en primaria comezamos contando os días lectivos!!  Pasiño a pasiño xuntamos UNIDADES que s...