09 maio 2026

Unha saída moi esperada!!

Ola peques e familias!! 
A un pasiño do DÍA DAS LETRAS GALEGAS vivimos unha xornada moi especial no cole!! Libria tiña todo preparado na biblioteca para sorprendernos!!
Alí nos esperaba a ILUSTRADORA do conto co que nos agasallara a nosa mascota na semana do libro para asinarnos todos os exemplares!! Que ilusión nos fixo!! 
Tamén puidemos facer unha fotiño de grupo con ela!! 
Pero o mellor foi cando chegou a hora de poñer rumbo ao auditorio para disfrutar do ESPECTÁCULO!! Estabamos moi ilusionados/as!! Intervimos moito e ata cantamos!!
 Aquí podedes ver todo o que aconteceu na mañá!! 
Nesta semana xa comezamos a traballar moito sobre o día da nosa lingua!! Puxémonos mans á obra cunha actividade denominada "O MAR DAS LETRAS" en colaboración coa biblioteca municipal, ademais de varias actividades para coñecer máis a Begoña Caamaño.
Apertiñas lectoras!!

5 comentarios:

  1. O señor tocaba moi ben a guitarra 🎸

    ResponderEliminar
  2. A chica cantaba moi ben,🎤 Que chula a actividad do peixe 🐟

    ResponderEliminar
  3. O q mais meu gustou foi cando leeron o libro do gato negro

    ResponderEliminar
  4. Lucas Pazos14/05/26, 11:01

    Un espectáculo chulisimo!

    ResponderEliminar
  5. Encantoume que un lado decía Unha cousa e outro outra , Vega

    ResponderEliminar

Un obradoiro moi interesante!!

Ola peques e familias!! Fai uns días visitounos a nai de Iván que é operaria nunha fabrica!!  Explicounos todos os procesos que levan a cabo...