14 maio 2026

Obradoiro de cociña saudable!!

 Ola peques e familias!! 
Esta semana tivemos unha actividade chulísima e ben interesante!! 
Para ir pechando á nosa viaxe polo mundo como COCIÑEIROS/AS VIAXEIROS/AS xa que está a piques de rematar... fixemos unha parada ben pretiño, na nosa propia localidade!! 
Aprendemos receitas con produtos do mar, tanto algas como marisco!! Pero antes... tocaba coñecer un pouco máis deles!! 
Así que comezamos na praia utilizando diferentes aparellos!! 
Un salinómetro para coñecer a cantidade de sal que ten a auga do noso mar!!
 E despois tocou coñecer e distinguir os diferentes tipos de AMEIXAS e aprender a medilas para saber se tiñan o tamaño adecuado para a venda!! Foi moi interesante usar os CALIBRES e poñer en práctica todo o que aprendemos das medidas!! 
Ao final, convertémonos nuns auténticos expertos/as!! 
Antes de ir a cociñar tocaba unha última MISIÓN!! Debiamos recoller o lixo que atoparamos na praia e deixala perfecta!! Iso si, o noso desexo sería que non fose necesaria esta misión, así que está nas mans de todos/as!!
 Repuxemos forzas merendando na praia e... a COCIÑAR!!
Comezamos facendo unha masa con ALGA WAKAME que dou como resultado unhas DELICIOSAS GALLETAS que devoramos!! Tocou traballar en equipo, seguir os pasos da receita, medir, mesturar, ...
A seguinte receita tería como protagonista a ALGA coñecida como LEITUGA DE MAR!! Primeiro tocou facer un humus ben rico!! Despois preparar a base con unha folla de papel de arroz e a alga que tocou fritir!!
 E finalmente montar os nosos CROCANTES DE ARROZ E ALGAS CON RECHEO DE HUMUS!!
 Receita que podería estar en calqueira restaurante de renome!! Tamén foi un éxito, encantounos!!
E rematamos probando uns APERITIVOS DE AMEIXAS EN SALSA VERDE!! Despois de coñecer ben este produto da Arousa tocaba catalo!! E que rico estaba!!
E así rematou a nosa aventura nun chiringuito da Arousa descubrindo novas receitas, novos produtos e novos sabores e ata cun agasalliño chulísimo e práctico!! 
Agora invitámosvos a cociñas en familia estes pratos coa axuda do libriño que levaron os/as peques!! 
As aventuras continúan!! Estades atentos/as ao blog que aínda que queda pouquiño de curso, aínda moito que vivir xuntos/as, aprender e contar!!
Apertiñas culinarias!!

5 comentarios:

  1. Lucas Pazos14/05/26, 10:58

    As galletas riquísimas!!!!!😋😋

    ResponderEliminar
  2. Me encantou cociñar Vega ❤️

    ResponderEliminar
  3. Gustaronme moito as galletas, foi moi divertido

    ResponderEliminar
  4. Lara Oubiña19/05/26, 05:56

    Encantoume todo foi moi divertido!!!! 😊

    ResponderEliminar
  5. Encantoume todo foi súper divertido,as galletas o mellor.❤️🖤

    ResponderEliminar

Un obradoiro moi interesante!!

Ola peques e familias!! Fai uns días visitounos a nai de Iván que é operaria nunha fabrica!!  Explicounos todos os procesos que levan a cabo...