22 maio 2026

Décimo sexto protagonista da semana!!

 

 Ola peques e familias!! 

Seguimos con esta actividade na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e momentos nos que sentirnos IMPORTANTES!! O décimo sexto protagonista da semana foi Martiño!! Sempre comezamos compartindo cos compis a CAIXIÑA DA VIDA, na que incluímos cousiñas especiais para nós por diferentes motivos!! 
Neste caso, obxectos de cando era bebé e os seus xoguetes favoritos!! 


Trouxo tamén un contiño especial que lemos na aula!! A súa lanterna máxica encantounos!!


E nos presentou a parte da súa familia cunhas fotiños moi bonitas!! 

O que non esperaba é que o seu irmán o visitaría de sorpresa para contarnos un conto xunto cunha compi da súa aula!! Alucinou!!


Aínda que el tamén tiña unha gran sorpresa para despedir a súa semana!! Invitounos a merendar unha tarta que el mesmo fixo coa súa familia!! Alucinamos e encantounos!!

Grazas Martiño por compartir todo con nós!! Esperamos que fose unha gran semana para ti QUERIDO PROTAGONISTA!! 

Apertiñas emocionadas!!

3 comentarios:

  1. A semana de Martiño foi way, Amin gustoume moito a tarta, e a única tarta que me gusta , Vega

    ResponderEliminar
  2. Lucas Pazos01/06/26, 09:33

    Super rica a tarta, gracias Martiño!!😋😋🎂

    ResponderEliminar
  3. O que mais me gustou foi o seu libro.❤️

    ResponderEliminar

Festa da auga!!

Ola peques e familias!!  Onte tocou despedir o curso e foi unha mañá moi especial chea de sorpresas!! O que máis nos gustou foi a festiña na...