12 abril 2026

Saída pola contorna!!

Ola peques e familias!! 
Coa chegada da primavera e o bo tempo aproveitamos para realizar unha SAÍDA POLA CONTORNA ben completiña!! 
Primeiro dirixímonos a CORREOS a entregar unhas cartiñas ben especiais!! 
Fai un tempiño que estamos falando da marabillosa función dos CENTROS DE DÍA polo que decidimos mandarlles esta sorpresiña!!!
 Foron dirixidas ao CENTRO DE DÍA DA AROUSA e tamén ao CENTRO DE DÍA LEMBRANZAS en Vilagarcía de Arousa!!
 Esperamos sacar moitos SORRISOS aos AVOÍÑOS/AS e que sexa o comezo de algo moi bonito e enriquecedor!! Aproveitamos para coñecer os pasos para o envío dunha carta, as profesións necesarias e, de paso, repasamos as MEDIDAS DE PESO e os EUROS. 
Foi unha visita ben completa!! 
Continuamos a ruta cunha sorpresiña!! 
Paramos a merendar no parque do Regueiro e as mestras deixáronnos tempo libre para xogar un ratiño!! 
Pero aínda quedaba a visita á AULA DO MAR!! Alí atopámonos só chegar cun ACUARIO cheo de animais mariños!! 
Puidemos observar como se camuflaban, se relacionaban, se desprazaban e se alimentaban!! 
Despois subimos a unha sala onde había case de todo!! Animaliños desecados, cunchas doutros, instrumentos de traballo no mar... Chamounos moito a atención un peixe globo que había colgado e encantáronnos os VÍDEOS que nos puxeron. Canto aprendemos!!
Pero aínda quedaba o mellor!! Na última sala puidemos disfrutar dunha VIAXE EN 3D POLO MAR grazas a unhas gafas moi especiais!! Visitamos o fondo mariño, bateas, puidemos acompañar ás mariscadoras no seu traballo...foi incrible!! 
E por se fose pouco deunos tempo de analizar algas microscópicas e outros seres vivos pequechiños a través dun MICROSCOPIO!!
É marabilloso poder pasalo tan ben mentras aprendemos tan pretiño do cole!! Animámosvos a visitala en familia xa que é unha grande experiencia, sen dúbida!!
Apertiñas ilusionadas!!

3 comentarios:

  1. Lara Oubiña13/04/26, 02:42

    Encantoume a excursión !!! Sobre todo ir a cofradía!!! 😀

    ResponderEliminar
  2. Gustoume moitisimo, sobre todo ir o parque e pasar por diante da miña cada . Vega Otero ❤️

    ResponderEliminar
  3. Gustoume moito facer a excursión

    ResponderEliminar

Como molan as mates!!

 Ola peques e familias!!  Sempre nos encantaron as mates pero este trimestre está sendo xenial!! Xa levamos unhas semaniñas practicando conc...