12 abril 2026

Décimo primeiro protagonista da semana!!


Ola peques e familias!! 

Seguimos con esta actividade na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e momentos nos que sentirnos IMPORTANTES!! O décimo primeiro protagonista da semana foi César!! Sempre comezamos compartindo cos compis a CAIXIÑA DA VIDA, na que incluímos cousiñas especiais para nós por diferentes motivos!! 

Neste caso, moitos recordos bonitos de cando era bebé e tamén fotos importantes!! Ademais de obxectos especiais para el, os seus xogos favoritos e recordos do seu deporte favorito!!

Trouxo tamén dous contiños especiais!! Un deles de cando era bebé que o leu na aula para todos e o outro o seu favorito actualmente!!


Tamén nos presentou a parte da súa familia con dúas fotiños moi bonitas!! 

O que non esperaba era que realizariamos unha visita ao seu irmán Martín e nos quedaramos a xogar no seu patio un ratiño con el!!

VAIA SORPRESÓN LEVOU!! 

Grazas César por compartir todo con nós!! Esperamos que fose unha gran semana para ti QUERIDO PROTAGONISTA!! 

Apertiñas emocionadas!!

1 comentario:

Como molan as mates!!

 Ola peques e familias!!  Sempre nos encantaron as mates pero este trimestre está sendo xenial!! Xa levamos unhas semaniñas practicando conc...