02 abril 2026

Excursión a Cortegada!!

Ola peques e familias!! 

Este trimestre non podía rematar mellor que aproveitando o bo tempo para ir de excursión a Cortegada!! Para chegar precisabamos coller dous MEDIOS DE TRANSPORTE!! Comezamos a ruta en autobús ata Carril!! 

Unha vez chegamos tocou facer quendas para ir na lancha polo que aproveitamos un pouquiño de parque!! 

O momento de navegar foi dos mellores do día!! Encantounos!! 

Ao chegar, realizamos unha pequena merendola diante da ERMITA DA VIRXE DOS MILAGRES para coller forzas para adentrarnos na marabillosa natureza da illa!! 

Faláronnos de diferentes animais que habitan na illa e as indicacións para respetalos!! Camiñamos entre "hoteis para insectos", niños de paxaros carpinteiros ou árbores nos que faltaba unha parte do musgo debido a que algún xabarín decidira rascarse ás costas ou o cú!! Foi moi interesante e divertido!! 

Non podemos esquecernos da LENDA da ÁRBORE COMEPEDRAS e de todas as impresionantes paisaxes que fomos atopando!!

 Tamén aprendemos moito sobre diferentes plantas, especialmente árbores, xa que en Cortegada atópase o maior BOSQUE DE LOUREIROS DE EUROPA!! É impresionante!!

 Encantounos ir descubrindo todo a través de experimentos e xogos na natureza!!

Os monitores tiñan gardada unha sorpresiña e puidemos utilizar unhas lupas para coñecer máis de cerca algunhas especies da flora da illa!! 

Despois de camiñar tocou un picnic para tomar a nosa comidiña!! Ao rematar e ter un ratiño de xogo libre, os monitores tiñan organizados uns xogos moi chulos!! 

Rematamos a xornada disfrutando dun ratiño moi divertido de construccións na area e tocou coller o barquiño de volta!! 

Ademais de todo o anterior, unha das grandes aprendizaxes foi que se pode xogar sen necesidade de levar con nós un cargamento de xoguetes!! E, por suposto, sen pantallas!! Foi unha gran excursión!! Xa nos tarda a seguinte!! 

Apertiñas investigadoras!!

2 comentarios:

  1. Cortegadaaaaaaaaaaa, me encanta a lancha e a leyendenda do árbol comepedras. Vega Otero

    ResponderEliminar
  2. Lucas Pazos06/04/26, 12:36

    Encantoume a excursión a Cortegada, que ben o pasamos 🏝🏝!

    ResponderEliminar

Como molan as mates!!

 Ola peques e familias!!  Sempre nos encantaron as mates pero este trimestre está sendo xenial!! Xa levamos unhas semaniñas practicando conc...