16 marzo 2026

Semana da prensa!!

Ola peques e familias!! Continuamos os seguintes días coa SEMANA DA PRENSA!! O xornal que chegou á aula comezaba na súa portada precisamente polas diferentes actividades que tiveron lugar polo 8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER!! 

Pero realizamos unha profunda investigación dos mesmos!! 
Descubrimos que ademais de moitas novas, tamén podiamos atopar a carteleira do cine, o TEMPO METEOROLÓXICO aproveitando que o estamos traballando na aula e encantounos descubrir que tiña varias páxinas adicadas ao deporte!!
 Curiosamente, chamounos a atención que en moitas aparecía o fútbol, pero só unha adicada ao baloncesto e ningunha a outros deportes. Ademais, non aparecía o deporte feminino...que curioso!! Cremos que debería haber un cambio nese sentido... Tamén descubrimos os PASATEMPOS!! 
E aínda que a mestra nos dixo que eran bastante complicados porque estaban pensados máis ben para adultos/as quixemos intentalo e fíxonos copias!! Estamos niso e van saíndo!! 
Tamén descubrimos as REVISTAS que hai na biblio!! 
Gustáronnos tanto que a mestra deunos unhas mochiliñas para poder trasladalas a casa durante uns diíñas!!
Rematou a semana levando a prensa á clase de Educación Física con xogos moi divertidos!! 
A prensa pode ser moi interesante e divertida!!
 Apertiñas xornalísticas!!

1 comentario:

Semana da prensa!!

Ola peques e familias!! Continuamos os seguintes días coa SEMANA DA PRENSA !! O xornal que chegou á aula comezaba na súa portada precisament...