25 febreiro 2026

Xogo libre e lectura!!

Ola peques e familias!! 

Dous momentos que disfrutamos moitísimo na aula son o XOGO LIBRE e a HORA DE LER!! O primeiro nos relaxa, nos divirte, con el aprendemos estratexias de traballo en equipo, de socialización, de orde... á vez que aprendemos un montón!! 

A lectura apórtanos tamén moitas cousas e nos emociona tanto que xurden momentos como os seguintes en torno a libros sobre a "VIAXE" que estamos a realizar polo MUNDO!! 


Pero tamén sobre outros temas que nos interesan e motivan moito, como os animais ou as centenas!! Ou a segunda parte dun libro da MOCHILA VIAXEIRA que nos ten enganchados/as e, por suposto, os contos que nos prestan os compis despois de presentarnos as súas caixiñas da vida!! 

Canto nos gusta o mundo da LECTURA e do XOGO nesta clase!! 

Apertiñas lectoras!!


3 comentarios:

  1. Cada día gustame mais ler e descubrir, Vega Otero

    ResponderEliminar
  2. Gustarme moito leer !!! Sobre todo os q me fan reír !!! 🤣

    ResponderEliminar

Oitava protagonista da semana!!

Ola peques e familias!!  Seguimos con esta actividade  na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e m...