08 febreiro 2026

Mascotas e animais favoritos!!

 Ola peques e familias!! 
Continuamos coñecendo máis sobre os ANIMAIS coas fotos das nosas MASCOTAS e ANIMAIS FAVORITOS!! Hoxe realizamos unha actividade de clasificación e aprendemos un montón!! Cales eran terrestres, acuáticas e aéreas?? 

Aí xurdiron reflexións... Había algunhas que eran "mixtas"? Por que a maioría son terrestres? Xurdiron aprendizaxes moi interesantes!!

 Aproveitamos para presentárvolas!! 




Nesta actividade tamén reflexionamos sobre a INTELIXENCIA ARTIFICIAL, presente nalgunha das fotos e ata un compi nos trouxo unha pluma de pavo real, encantounos!! Grazas a ela falamos do tema da SIMETRÍA na natureza, moi interesante!! 

Apertiñas curiosas!!

8 comentarios:

  1. Como molan as nosas mascotas!!!

    ResponderEliminar
  2. Presenteille todas as mascotas a miña prima. Asier.

    ResponderEliminar
  3. Gustaronme as mascotas dos meus compañeros.

    ResponderEliminar
  4. Moi boa tarea

    ResponderEliminar
  5. Encantoume conocer a todos ós amiguiños dos meus compañeiros .karmen

    ResponderEliminar
  6. O mais divertido foi o nome das mascotas dos meus compañeiros 🐱🐹

    ResponderEliminar
  7. Ali o meu animal favorito, tamen eo tiburón blanco,🦈.

    ResponderEliminar
  8. Entroidear e o mellor do mundo me encanta👻sobre todo de medo.

    ResponderEliminar

Oitava protagonista da semana!!

Ola peques e familias!!  Seguimos con esta actividade  na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e m...