27 xaneiro 2026

Visitounos unha... nai CONTABLE!!

 Ola peques e familias!! 

Esta semana tamén retomamos os OBRADOIROS DE FAMILIAS!! Aproveitando que na aula e tamén coa teacher Olalla emprendemos nova viaxe ao Reino Unido... que mellor que invitar a unha experta que traballa para unha empresa de Londres?? Visitounos Raquel, a nai de Emma que é CONTABLE!!

 Presentounos a súa oficina da casa e tamén o edificio da súa empresa en Londres!! Alucinamos co grande que era!! Tamén nos trouxo instrumentos importantes no seu traballo, como o ordenador, a calculadora, as axendas, os móbiles... e aprendemos moitas das palabras que usa en inglés no seu día a día!! 

Tamén traballa con moedas xa que ten que facer contas para poder pagarlle ás persoas que realizan todos os SERVIZOS de coidado dos 120 edificios que xestiona a súa empresa!! Así que nos preparou un xogo no que nos convertemos en auténticos CONTABLES!!

 De feito, agasallounos cuns carnés de SUPERCONTABLES ou SUPER-ACCOUNTANT e uns debuxos para colorear!! 

Despois, aproveitando que tiñamos inglés contounos que o máis importante para ela é o gran EQUIPO que forma coas súas compañeiras que, a pesar de estar lonxe, síntense preto grazas ás novas tecnoloxías!! 
Así que nos sorprendeu cunha videochamada cunha compi de Londres!! Alucinamos o ben que falaban inglés as dúas e ata puidemos saudar á súa compi na súa lingua!!
Tamén nos contou moitas curiosidades de Londres como que lles encanta agasallar postais para todo e trouxo varios contos para deixar na biblio que viñeron dende esa cidade!!
 VAIA AGASALLAZO!!
E tamén trouxo un que lle encanta a Emma para contarnos e... o SORPRESÓN foi cando apareceu Naia, a irmanciña pequena de Emma!! 
Antes de marchar, pedímoslle que nos axudara a clasificar a súa profesión que neste caso é do sector terciario, das que prestan SERVIZOS.
E para despedila tocounos a nós sorprendela cantándolle xa que era o seu aniversario e entregándolle o merecido DIPLOMA!! 
Moitas grazas por todo o que nos ensinaches!! Esperamos que o disfrutases tanto coma nós!!
 Apertiñas agradecidas!!

8 comentarios:

  1. Moitas grazas a mama de Enma aprendemos moito .Foi moi divertido.❤️🥰

    ResponderEliminar
  2. Moi boa enseñanza e seguro que entretida.

    ResponderEliminar
  3. Cómo nos gustou a visita da mamá de Emma, e que sorpresa que veu Naia tamen ❤️😘

    ResponderEliminar
  4. Gracias mamá de Emma pasamolo moi ben, como nos gustou a sorpresa de que vilese Naia

    ResponderEliminar
  5. Lucas e Laura30/01/26, 06:02

    Gracias Raquel por este rato tan divertido.

    ResponderEliminar
  6. Encantoume Raquel. Asier

    ResponderEliminar
  7. Diana e Lara04/02/26, 05:53

    Mama veu Naia e a mama o cole ,pasamolo moi ben e falou con Unha chica moi rápido en inglés 🤣🤣 gracias Raquel 😘😘

    ResponderEliminar
  8. Lucas Pazos04/02/26, 13:12

    Que ben fala inglés a mamá de Emma 😁

    ResponderEliminar

Semana da prensa!!

Ola peques e familias!! Continuamos os seguintes días coa SEMANA DA PRENSA !! O xornal que chegou á aula comezaba na súa portada precisament...