Seguimos coa actividade na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e momentos nos que sentirnos IMPORTANTES!! Neste caso tocoulle a EMMA!!
Sempre comezaremos compartindo cos compis a CAIXIÑA DA VIDA, na que incluímos cousiñas especiais para nós por diferentes motivos!! Neste caso, un peluchiño, fotos importantes, unha pulsera e unha bonequiña moi especiais xunto cunha bóla de neve!!
Nunha das fotiños saiamos nós de peques e ocorréusenos recreala!! Foi un momento moi especial!!
Trouxo dous contiños tamén!!Un para deixar na biblio de aula para que poideramos atopala no seu interior e outro que leremos na aula prontiño!! Ademais, quedou outro pendente noutro idioma que pronto desvelaremos!!
Emma tamén nos presentou a parte da súa familia con dúas fotiños moi bonitas!!
E, para rematar a semana, a nai de Emma recén chegada de Londres tróuxonos un montón de "snacks" directamente dende alá para que puideramos probalos!!
Como sabe que estamos traballando a alimentación arredor do mundo!! Foi un sorpresón rico, rico!!
E, por se fose pouco, trouxo de sorpresa á irmá de Emma á nosa aula!! A nosa compi alucinou!!
Esperamos que fose unha gran semana para ti QUERIDA PROTAGONISTA!! Isto merece comezar unha viaxe para saber máis de Londres, axudados/as polo mono Bono e pola túa súpernai!!
Que bonita a caixiña da vida de Emma.Que pena que non puden probar os snaks☹️.Apertiñas enfermiñas Carme.❤️🥰
ResponderEliminarQue rico estaba todo Emma, a tua Caixa era moi chula, gustoume moito a nosa foto! ❤️😘
ResponderEliminarQue bonita a caixiña de Emma! E que ricas as galletas ❤️
ResponderEliminar