27 novembro 2025

Conmemoramos 2 datas importantes!!

 Ola peques e familias!! Este mes conmemóranse dúas datas moi importantes!! Comezamos o 20 co DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Nas aulas de 1º reflexionamos moito sobre os DEREITOS que temos os nenos/as e do AFORTUNADOS/AS que somos de telos todos cumpridos!! Noutros países e noutras realidades non teñen a mesma sorte, polo que temos que valoralos moito!! 

Tamén falamos dos DEBERES que son ben importantes igualmente!!
Uns días máis tarde, conmemoramos o 25N, DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Comezamos reflexionando na aula e despois, a
 semana comezou cun CONCERTO INCRIBLE do grupo "DE VACAS", moi concienciadas co tema deste día!! Foi un privilexio enorme telas no colexio!! 

Comezaron de feito dun tema versionado que fala precisamente... das VACAS DE GALICIA!!

 Pero como sabían que na Arousa hai moitos PEIXES... esta canción non podía faltar!!

Seguiron cambiando unha canción da gran cantante Rosalía cunha letra sobre a nosa GRAN ESCRITORA ROSALÍA DE CASTRO!! Que necesaria!!

E como sabían que estabamos a "VIAXAR POLO MUNDO" versionaron cancións en diferentes idiomas como o "koreano" ou o "rumano", como a seguinte: 

Non paramos de cantar, bailar e aplaudir!! Pasámolo xenial!!

Uns días antes preparamos entre o alumnado de 1º e 2º un mural ben chulo para colocar no escenario onde actuarían!! 

Así de bonito luciu!!

Tamén nos reunimos cos nosos compis de 1ºA para realizar a actividade que realizaremos todo o cole!! Tiñamos que elexir unha frase relacionada con este día, escribila en galego e despois traducila ao idioma que nos tocou: o PORTUGUÉS!! 

Aquí en galego:

O resto dos compis do cole fixeron o mesmo con diferentes idiomas, todo unido ao proxecto deste curso no que VIAXAMOS POLO MUNDO!!

Ademais, participamos en dúas actividades do concello, acudindo alí algúns representantes a ler un manifesto do noso cole e levar algúns dos murais realizados no cole para "TECER UNHA REDE CONTRA A VIOLENCIA" xunto a outras entidades da Arousa!! 

Moitas actividades moi necesarias para un día importante que esperemos que pronto deixe de ser preciso!! 

Apertiñas pacíficas!!

1 comentario:

  1. Gustoume moito o concerto.Desexando que volvan.Apertiñas ❤️

    ResponderEliminar

Un obradoiro moi saudable!!

  Ola peques e familias!!  Como sabedes, levamos semaniñas aprendendo moito sobre alimentación saudable!!  E que mellor que un OBRADOIRO che...