27 outubro 2025

Xa somos expertos/as en HÁBITOS SAUDABLES!!

Ola peques e familias!! 

O CORPO HUMANO continúa moi presente na nosa aula!! Nas actividades, nos xogos, e na biblio de aula, por exemplo!!


E continuando co traballo dos HÁBITOS SAUDABLES fai uns diíñas aproveitamos para estrear a LIBRETA!! Pouquiño e pouco iremos adquirindo as normas de presentación e uso da mesma. Realizamos unha actividade con emoticonos na que ademais tamén comezamos a aprender o uso da REGRA!! Cantas cousiñas nunha mesma actividade!! Despois de ter a base preparada tratábase de clasificar nun lado os HÁBITOS DIARIOS e no outro os que non deben estar presentes todos os días. Así de ben o fixemos!! 

Uns días máis tarde, volvemos a usar a REGRA para elaborar o noso propio PRATO DE HARDVARD!! 

Tamén completamos unha LISTA DE IDEAS DE MERENDAS SAUDABLES á que lle faltaban algunhas palabriñas e levamos toda a información para a casa!! 

É incrible ver como a influencia chega incluso ata as comidas das vosas viaxes!! Grazas pola colaboración familias!!



1 comentario:

  1. As ideas das merendas saludables gustaronme moito.Carme.

    ResponderEliminar

Apadriñamentos lectores!!

Ola peques e familias!!  O mes pasado no Día das Bibliotecas Escolares Libria presentounos unha actividade preciosa: OS APADRIÑAMENTOS LECTO...