24 outubro 2025

A importancia dos sentidos!!

Ola peques e familias!! 

Seguimos aprendendo máis cousiñas sobre o     noso CORPO!! Algo moi importante é saber coidalo e valorar a sorte de estar sás!! Entender que "TODOS SOMOS DIFERENTES PERO TEMOS OS MESMOS DEREITOS" é fundamental!! Como estamos traballando os SENTIDOS e a súa importancia, estes días puxémonos na pel das persoas que non poden ver!! 

Primeiro descubrimos o BRAILLE e a especial importancia do sentido do TACTO para esas persoas!!


Despois fixemos dúas actividades que nos encantaron e, á vez, nos fixeron reflexionar moito!! A profe falounos de que as persoas cegas utilizan, entre outras cousas, pelotas con cascabeis o cal require un esforzo extra á hora de xogar.

Preparamos globos con cascabeis no seu interior para intentar xogar cos ollos pechados!! 




Tamén fixemos unha actividade plástica na que tampouco podiamos utilizar o sentido da VISTA pero cunhas témperas "máxicas" con olores relacionados coa propia cor (por exemplo, a laranxa co olor desa froita, a amarela con olor a limón...). Aquí foto do truco!!jiji!

Desa maneira, tiñamos que averiguar a través do OLFACTO que cor precisabamos para ir pintando co noso dedo as partes dunha flor. Neste caso, axudados/as por un compañeiro/a!!

Démonos conta da importancia desa axuda, do difícil que foi, de que os resultados non foron os esperados a pesar do esforzo e do afotunados/as que somos!! 

Dou para unha importante reflexión pero tamén para pasar un momento divertido!! Despedímonos cuns xogos!! 

SENTIDOS1
SENTIDOS2
SENTIDOS3

Apertiñas reflexivas!!

5 comentarios:

  1. Q actividades mais chulas .Nais de Ian

    ResponderEliminar
  2. Que forma mais original de aprender os sentidos !! 😍

    ResponderEliminar
  3. E moi way o que fixemos profe, votovos de menos moito profe, Ainda que estás vacacions son way, Vega Otero

    ResponderEliminar
  4. Thiago enxantoulle as actividades!

    ResponderEliminar
  5. Foron uns dias moi divertidos de apredizase.

    ResponderEliminar

Apadriñamentos lectores!!

Ola peques e familias!!  O mes pasado no Día das Bibliotecas Escolares Libria presentounos unha actividade preciosa: OS APADRIÑAMENTOS LECTO...