Seguimos aprendendo máis cousiñas sobre o nosoCORPO!! Algo moi importante é saber coidalo e valorar a sorte de estar sás!! Entender que "TODOS SOMOS DIFERENTES PERO TEMOS OS MESMOS DEREITOS" é fundamental!! Como estamos traballando os SENTIDOS e a súa importancia, estes días puxémonos na pel das persoas que non poden ver!!
Primeiro descubrimos o BRAILLE e a especial importancia do sentido do TACTO para esas persoas!! Despois fixemos dúas actividades que nos encantaron e, á vez, nos fixeron reflexionar moito!! A profe falounos de que as persoas cegas utilizan, entre outras cousas, pelotas con cascabeis o cal require un esforzo extra á hora de xogar. Preparamos globos con cascabeis no seu interior para intentar xogar cos ollos pechados!!
Tamén fixemos unha actividade plástica na que tampouco podiamos utilizar o sentido da VISTA pero cunhas témperas "máxicas" con olores relacionados coa propia cor (por exemplo, a laranxa co olor desa froita, a amarela con olor a limón...). Aquí foto do truco!!jiji!
Desa maneira, tiñamos que averiguar a través do OLFACTO que cor precisabamos para ir pintando co noso dedo as partes dunha flor. Neste caso, axudados/as por un compañeiro/a!!
Démonos conta da importancia desa axuda, do difícil que foi, de que os resultados non foron os esperados a pesar do esforzo e do afotunados/as que somos!!
Dou para unha importante reflexión pero tamén para pasar un momento divertido!! Despedímonos cuns xogos!!
Q actividades mais chulas .Nais de Ian
ResponderEliminarQue forma mais original de aprender os sentidos !! 😍
ResponderEliminarE moi way o que fixemos profe, votovos de menos moito profe, Ainda que estás vacacions son way, Vega Otero
ResponderEliminarThiago enxantoulle as actividades!
ResponderEliminarForon uns dias moi divertidos de apredizase.
ResponderEliminar