10 outubro 2025

Unha saída moi saudable!!

 Ola peques e familias!! 

Seguimos coñecendo cada vez mellor o noso CORPO e os mellores HÁBITOS para coidalo!! Sabemos que un é o deporte e tamén a alimentación, por iso as nosas merendas son cada vez máis saudables!! 

Fai uns diíñas as profes unindo estes dous marabillosos hábitos organizaron unha SAÍDA AO CABODEIRO MOI SAUDABLE!! 

Primeiro, fixemos un pouquiño de deporte con xogos moi divertidos e tivemos moito contacto coa natureza facendo ARTE con ela!! Que importante é deixar voar a imaxinación!! (sobre todo, sen pantallas diante!!)


Despois tocou un PICNIC SAUDABLE!! 

Aquí algunhas merendas moi, moi SAUDABLES E RIQUÍSIMAS!! Froita por suposto, queixo, iogur natural sen azucres nin edulcorantes, tortitas de avea e plátano, chips de boniato...que boas opcións e ideas!!

E sempre presentes as vosas preciosas notiñas!!Á profe tamén lle encanta lelas!!

Pronto vos contaremos o primeiro obradoiro de familias tamén sobre este tema e a seguinte saída que xa fixemos!! Estade atentos/as!!

 Saudiños saudables!!

5 comentarios:

  1. Pasámolo xenial.
    Gústanos ir de excursión

    ResponderEliminar
  2. Lara pasouno moi moi ben !!! Fixeron moitos xogos na playa con area !!! Veu moi contenta , bueno ben sempre contenta gracias profe Ali!!! ❤️

    ResponderEliminar
  3. Gustoume moito saír de excursión.Esperando a próxima saída.

    ResponderEliminar
  4. Pasino moi ben!! Ecántame saír de excursión con meus compañeiros ❤️

    ResponderEliminar
  5. A Ian gústanlle estas saídas.

    ResponderEliminar

Semana de contacontos!!

Ola peques e familias!!  Esta semana foi moi, moi especial!! Libria preparounos xunto coa colaboración do Concello e da ANPA dous CONTACONTO...