22 outubro 2025

Sementeira de ameixas!!

Ola peques e familias!! 

Partindo do proxecto "Carcamáns polo mundo" en primeiro seremos "COCIÑEIROS/AS VIAXEIROS/AS" durante todo o curso!!

 Descubriremos diferentes países partindo da súa alimentación!! De feito, os/as compis que xa levaron a mochila viaxeira xa comezaron a descubrir e probar algunha receita doutros lugares e está a ser todo un éxito!! Pero na aula aínda andamos pola Arousa descubrindo o máis cercano que é ben interesante!! 

Fai uns diíñas desprazámonos ao Cabodeiro onde nos esperaba Julia, a nai de Iris de 1ºA, para descubrir un produto moi importante na nosa Illa, a ameixa!! Aprendemos moitas cousas e puxemos en práctica a profesión de MARISCADORES/AS sementando unha parceliña!!





 Primeiro tocou abrandar a area, despois facer os regos e, por último, sementar!!








Agora xa é a nosa parceliña e Julia invitounos a volver en primavera para ver a evolución do sementado!! Iremos encantados/as, por suposto!! 

Grazas a ela, ás súas compañeiras e á aula do mar/opp20 por esta oportunidade!!

Nuns diíñas visitaranos un papi e no seu obradoiro cociñaremos algo moi da nosa terriña, viaxando así dende a Arousa a toda Galicia para despois dar o seguinte paso que é descubrir España partindo das fotiños que enviastes das vosas viaxes e das comidas tan ricas que nos fixestes chegar!! 
Apertiñas sementeiras!!

3 comentarios:

  1. Encanta de sementar , porque despois medran e podense comer !!! 🤣

    ResponderEliminar
  2. Encantoume ir sementar as ameixas.Aprendin moitas cousas.

    ResponderEliminar

Apadriñamentos lectores!!

Ola peques e familias!!  O mes pasado no Día das Bibliotecas Escolares Libria presentounos unha actividade preciosa: OS APADRIÑAMENTOS LECTO...