01 outubro 2025

Coñecemos o noso corpo!!

Ola peques e familias!! 

Levamos uns diíñas traballando no coñecemento do noso corpo!! Xa fixemos un montón de actividades como completar as partes do corpo que faltan ou escribir os seus nomes aprendendo algúns novos en galego!! 

Tampouco paramos de movelas con cancións moi chulas!! 

Aquí volas deixamos para bailar en familia!! A última vai con reto!!

EL BAILE DEL CUERPO
CABEZA, HOMBROS, RODILLAS Y PIES

A última actividade estanos encantando porque é en tamaño real!! Partimos da SILUETA da encargada do día e... foi moi divertido ver o resultado cando se levantou!!

Despois tocou completar as partes do corpo debuxando e escribindo os seus nomes!! E se o resultado non era o esperado... recorremos á observación da realidade!!

Agora toca repasalas na casa!! Pronto vos mostraremos o resultado!!


Apertiñas estudosas!!


4 comentarios:

  1. E moi divertido aprender así!

    ResponderEliminar
  2. Aprender divertíndose e facendo exercicio. 😀👍🏻 Ian

    ResponderEliminar
  3. Lucas Pazos01/10/25, 13:14

    Como me gusta aprender así!!🥰😍🐘🙃

    ResponderEliminar
  4. Thiago leva aprendido un monton sobre o corpo humano e non me extraña asi calquera ten ganas de aprender 🤗

    ResponderEliminar

A festa do Magosto!!

 Ola peques e familias!!  Aínda que o tempo non acompañou non podiamos deixar de festexar unha das mellores TRADICIÓNS DO OUTONO... Cal? Así...