03 outubro 2025

Amigos do 10 na segunda festa das decenas!!

 Ola peques e familias!! 

Xa levamos 20 días de cole!! 

Como pasa o tempo...

Polo que hoxe tocou a segunda 

FESTA DAS DECENAS!! 

Como na outra ocasión pasámolo pipa!! Ademais, coñecemos algo moi curioso do NÚMERO 10!! Ten moitos amigos que, cando se xuntan, suman 10!! 

Levamos toda a semana descubríndoos!! Aquí vos deixamos un contiño e unha canción para coñecelos un pouco máis!! 
CONTO
CANCIÓN

E dous xogos para practicar!!

XOGO ONLINE 1

XOGO ONLINE 2

Esta aprendizaxe será unha base estupenda para as mates, especialmente para o CÁLCULO MENTAL!! Canto nos vai a axudar a "casiña do 10"!!

Polo de agora valémonos de material manipulativo e moitos xogos tanto para isto como para resolver sumas!! 

As SUMAS CON DADOS 

son das nosas favoritas!! 

Ademais de practicar a suma, afianzamos outros contidos da man do traballo en equipo/parellas!! 

E que felices quedamos ao conseguir completar o reto!!

Que divertidas son as MATES!! 

Apertiñas matemáticas!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Amigos do 10 na segunda festa das decenas!!

 Ola peques e familias!!  Xa levamos 20 días de cole!!  Como pasa o tempo... Polo que hoxe tocou a segunda  FESTA DAS DECENAS!!  Como na out...