03 outubro 2025

Amigos do 10 na segunda festa das decenas!!

 Ola peques e familias!! 

Xa levamos 20 días de cole!! 

Como pasa o tempo...

Polo que hoxe tocou a segunda 

FESTA DAS DECENAS!! 

Como na outra ocasión pasámolo pipa!! Ademais, coñecemos algo moi curioso do NÚMERO 10!! Ten moitos amigos que, cando se xuntan, suman 10!! 

Levamos toda a semana descubríndoos!! Aquí vos deixamos un contiño e unha canción para coñecelos un pouco máis!! 
CONTO
CANCIÓN

E dous xogos para practicar!!

XOGO ONLINE 1

XOGO ONLINE 2

Esta aprendizaxe será unha base estupenda para as mates, especialmente para o CÁLCULO MENTAL!! Canto nos vai a axudar a "casiña do 10"!!

Polo de agora valémonos de material manipulativo e moitos xogos tanto para isto como para resolver sumas!! 

As SUMAS CON DADOS 

son das nosas favoritas!! 

Ademais de practicar a suma, afianzamos outros contidos da man do traballo en equipo/parellas!! 

E que felices quedamos ao conseguir completar o reto!!

Que divertidas son as MATES!! 

Apertiñas matemáticas!!

4 comentarios:

  1. Que chulos os xogos. Asier xa fixo os xogos online coas primas Ana e Miriam.

    ResponderEliminar
  2. Vega Otero03/10/25, 13:07

    Molou moito, pero votei de menos non estar na festa das decenas

    ResponderEliminar
  3. César di que lle gustou moito a festa das decenas! Encàtalle as sumas cos dados!

    ResponderEliminar
  4. Lara dixome que cos dados e mais divertido aprender

    ResponderEliminar

Semana de contacontos!!

Ola peques e familias!!  Esta semana foi moi, moi especial!! Libria preparounos xunto coa colaboración do Concello e da ANPA dous CONTACONTO...