Dende que comezou o curso estamos profundizando no marabilloso e interesante mundo das LETRAS!! Comezaramos cunha sopa de letras cos nosos nomes o primeiro día para seguir cuns MANDALAS preciosos das nosas iniciais!!
Cantas cousiñas se traballan con esta actividade sen darnos conta!! Atención, concentración, precisión, motricidade fina, conciencia fonolóxica, relaxación, control do volume, aproximación á lectoescritura e moitas máis!!
Aquí o estupendo resultado!!
Tamén nos acompañará en moitas ocasións un vídeo que deixo por aquí!!
Con el xa comezamos a practicar a escrita dalgunha letras, ademais do son e... de convertilas en debuxos!! Non foi sinxelo pero pasámolo pipa!! A ver se averiguades que letras son estas!! Deixádenos as respostas en comentarios!!
Na casiña tamén podedes facer actividades que partan del e... cantar e bailar xuntos!!
Son as letras A, B, C e E!!
ResponderEliminarA, A, B, C, E Vega e a sua mamá adiviñaronos todos! E moi way dice Vega
ResponderEliminarCarme,as letras son A,A,B,G,E.Gustome moito pintarlas e debuxalas.
ResponderEliminarLara mamá foi moi divertido facer asi as letras !!
ResponderEliminar