10 setembro 2025

Benvidos a primaria!!

 Bo día peques e familias!! 

O curso arranca e con el damos a BENVIDA a novas e novos peques en PRIMARIA cunha aula ben colorida!! 

Na clase de 1ºB temos un grupiño chulísimo!! Chegaron á aula entre nervios e ilusión!! 

Pronto as ganas de descubrir e aprender deixaron paso a grandes SORRISOS que esperamos que se manteñan durante o curso!! 

Os agasalliños de benvida axudaron un pouquiño!!

A primeira actividade que fixemos foi para presentarnos e coñecernos un pouco máis!! Sabedes que fixo a mestra? Meteu nunha gran SOPA DE LETRAS todos os nosos nomes e tivemos que atopalos!! 

Comezou así o TRABALLO EN EQUIPO que será unha das nosas bases durante o curso!! 



Non se nos resistiu ningún!! Somos uns e unhas detectives fantásticos!! Ese mural recordaranos durante o curso que somos un GRAN EQUIPO!! Estades atentas e atentos que temos moito aínda para contarvos dos primeiros días!! 

Apertiñas ilusionadas!!

13 comentarios:

  1. Gracias por ensinarnos un pouquiño do día a día.

    ResponderEliminar
  2. Fina Gondar Rial/ Vega Otero Gondar10/09/25, 08:53

    Gracias por ensinarnos un pouco do día a día da clase

    ResponderEliminar
  3. Nerea(mama Carme),Grazas por informar de que acontece na aula.Carme esta super encantada coa sua nova clase e sobre todo ca sua profe.

    ResponderEliminar
  4. Días de cambios, sorpresas, nervios e ilusión para TOD@S. Para nós tamén, pero convencidos de que será un curso estupendo e no que as nais e pais de todos vós, seguiremos sendo un gran equipo para axudarvos e colaborar no que necesitedes. Miguel e Vane pais de Ian.

    ResponderEliminar
  5. Días de cambios, novedades, nervios e ilusión, para TOD@S, para nós, os pais e nais tamén o son. Pero convencidos de que o curso será estupendo. Aquí estamos tamén este equipo de pais e nais que, como dixemos ata agora, estamos para o necesitedes. Vane e Miguel, pais de Ian

    ResponderEliminar
  6. Moitas grazas por compartir con nos as experiencias dos nosos peques! Estaremos encantados de poder seguir de perto os seus pequenos logros!! Desexovos que teñades un moi bo inicio de curso!!! Samanta (mamá de Thiago)

    ResponderEliminar
  7. Moitas gracias por ensinarnos un pouquiño da morea de cousas que fan.Estan encantados igual que nos. Gracias por implicarte tanto (papás de Karmen)

    ResponderEliminar
  8. Laura (mamá de Lucas)11/09/25, 03:25

    Non hai mellor publicidad que a cara dos peques cando chegan á casa ilusionados e felices.
    Non teño duda de que nos espera un curso moi divertido.
    Moitas gracias por estas actualizacións profe Ali, de esta forma faise mais levadeira a volta ó cole 😍

    ResponderEliminar
  9. Diana (mamá de Lara) gracias por compartir momentos dos nosos pekes . Son días de nervios cambios e moita incertidumbre . Lara está moi contenta

    ResponderEliminar
  10. Natalia ( mamá de Lucas P)11/09/25, 11:46

    Estamos convencidos de que será un curso estupendo, moitas gracias por facer tan levadeira a volta o cole! 🫶

    ResponderEliminar
  11. Moitas gracias por compartir o dia a dia dos nosos peques, Martiño esta moi contento ca sua profe Ali.

    ResponderEliminar
  12. Gracias o blog facémonos unha idea do que traballades e xogades na clase. Pais de Ian

    ResponderEliminar
  13. Katia, mama de Mateo15/09/25, 13:14

    Moitas gracias por ir informarnos polo blog do ben que o pasan na clase... asi sei un pouco o que facedes porque Mateo non solta prenda!

    ResponderEliminar

Apadriñamentos lectores!!

Ola peques e familias!!  O mes pasado no Día das Bibliotecas Escolares Libria presentounos unha actividade preciosa: OS APADRIÑAMENTOS LECTO...