Ola peques e familias!!
A seguinte en visitarnos foi a nai de Carmen!! Ela escolleu o libro "Conexión Macarrón" e soubo contalo como ninguén!!
Engancháronnos todas as aventuras e rimos un montón!! Despois falamos con ela un ratiño e confirmamos o que Carmen sempre nos contaba, é unha grandísima lectora por iso é moi amiga de Libria!!
Despedímola cun merecido diploma e ela tamén nos trouxo uns agasalliños nunhas bolsiñas ben simpáticas, ademais de agasallarnos o libriño!! Moitas grazas pola túa visita!!
Uns días máis tarde, visitounos a nai de Breixo que escolleu o conto "soy más fuerte que la ira".
Dende o principio nos fixo partícipes propoñéndonos facer cambios no conto!! Estivemos moi atent@s á historia que contou moi ben e aprendemos moitos valores!!
Para despedila tiñamos un merecido diploma para ela!!
Tamén recibimos unha planta e unhas galletiñas que fixo con moito agarimo para nós!! Moitas grazas de corazón!!
A derradeira visita foi a da nai de Martín que escolleu un libro do gran Hematocrítico, titulado "O lobo con botas".
Foi un contacontos lido á vez que teatralizado, xa que practicou moito as voces e xestos na casa, polo que nos tivo ben atent@s todo o tempo!! Vaia volta lle dá ese conto á TRADICIÓN, encantounos!! Por suposto, entregámoslle o seu merecido diploma e ela agasallounos cunhas libretiñas con mensaxe para o verán!! Mil grazas por todo!!
E aquí rematou unha actividade ben interesante e especial que familias, peques e mestra gardaremos na nosa mochiliña de recordos!! Moitas grazas sempre pola colaboración!!
Apertiñas agradecidas!!
Ola son Hugo gustoume moito que viñeran as nais a contarnos uns contiños. Un saúdo🤍🤍🤍🤍🤍🤍🤍🤍🤍🤍🤍🤍🤍🤍🤍🤍🤍
ResponderEliminar