Durante os meses de abril e maio, unindo o DÍA DO LIBRO co DÍA DA FAMILIA disfrutamos duns estupendos CONTACONTOS da man das familias dalgúns compis!! As primeiras en visitarnos foron as nais de Enma, Mía, Hugo e Valentina!!
Elas teatralizaron o conto "A mellor sopa do mundo"!! Ademais, acompañárono de moita TRADICIÓN e ata lle botaron unhas pezas!!
Foi xenial!! Remataron cun agasalliño moi tradicional para nós e co seu merecido diploma!! Moitísimas grazas!!
A seguinte foi a nai de Alén e Vera que elexiu o conto "ponte no meu lugar"!!
A través de sons, imaxes, teatro e ata baile aprendemos un montón de valores!!
Tamén nos preparou unha actividade moi interesante!!
E para rematar levou o seu merecido diploma e tamén tiña un agasalliño para nós para que nunca nos esquezamos de ler!!
Aínda tivemos máis!! En próximas entradas volo contaremos!! Grazas ás participantes!!
Ola, son Hugo gustoume moito que viñera a miña nai e a miña madriña e tamén me guuuuuuuuuuuuuuuuustou moito moito cando veu a nai de Alén e Vera. Un saúdo 🤍🤍🤍🤍🤍🤍🤍🤍💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙
Ola, son Hugo gustoume moito que viñera a miña nai e a miña madriña e tamén me guuuuuuuuuuuuuuuuustou moito moito cando veu a nai de Alén e Vera. Un saúdo 🤍🤍🤍🤍🤍🤍🤍🤍💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙
ResponderEliminar