domingo, 15 de xuño de 2025

Despedímonos d@s avoíñ@s do Centro de Día Arousa!!

 Ola peques e familias!! 

Como xa vos adiantamos na anterior entrada, na penúltima semaniña do curso vivimos dous momentos moi, moi emotivos!! Tocou despedirse d@s avoíñ@s dos CENTROS DE DÍA que nos acompañaron, ensinaron e emocionaron durantes estes dous cursos!! O xoves visitamos o Centro de Día Arousa!! 

Ao chegar, tiñamos preparada unha SORPRESA para el@s!! Cantamos e tocamos a canción "NOSA ILLA", coa axuda da profe Patri!! Grazas sempre por facer maxia coa música!!

Ata cantamos xunt@s cantigas populares!!

Despois tocou merendar!! Ao que nos trouxemos da casiña engadimos un biscoito riquísimo que fixeron para nós!! O agarimo estivo presente en todo momento!! As palabras, miradas e ata unha canción composta para el@s dicíano todo!! 

Tamén os agasallos de despedida!! Unha postaliña feita por nós con moito agarimo e uns doces que nos levamos para casiña!! 

Cantas aprendizaxes e emocións!! Foi unha mañá preciosa e unha experiencia incrible!! Un agradecemento especial a Valeria, Esther e María por recibirnos sempre cos brazos abertos!! Aproveitamos para felicitarvos polo voso segundo aniversario e pola labor tan bonita e necesaria que facedes!! A por moitos máis!!

 

Apertiñas emocionadas!!

3 comentarios:

  1. Olaaa son Noelia, a nai de Hugo. Pero que pena que esta sexa a última semana deste curso. Fixestedes un proxecto moi bonito e interesante que nunca se vos vai a olvidar, porque o recordaredes escoitando ano tras ano, a través dos maiores e dos vosos pais, recordos DA AROUSA NOUTROS TEMPOS e tamén da actualidade que nalgún momento serán pasado pero neste caso vivido por vós.
    Noraboa por esa canción, saleuvos xenial 😍😍😍
    Un saúdo para tod@s 🙋‍♀️🙋‍♀️👋👋

    ResponderEliminar
  2. Ola son Hugo, gustoume moito ir o centro de día da Arousa e tamen me gustou moito o agasalliño dos avoiños, encantoume. Un saúdo 🤍🤍🤍🤍🩵🩵🩵🩵

    ResponderEliminar
  3. Ola son Mía encántame tocar a pandereta🥹🥰☺️😻😺😸

    ResponderEliminar

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...