O título desta entrada correspóndese co do libro que nos agasallou LIBRIA e no que se basea a OBRA DE TEATRO á que acudiremos o próximo mércores todo o cole ao auditorio!!
Levamos unhas semaniñas léndoo moi emocionados/as!!
Chegou un momento que ata parecía que nós formabamos parte do conto!! Comezaron a aparecer personaxes pola nosa aula!!
Un día quedamos intrigados/as á vez que preocupados/as porque o Profesor Smith, o malo da historia, quería colarse NOS NOSOS CONTOS para cambialos!!
Só podía evitalo Sara, unha das protagonistas!! Alucinamos cando abrimos o libro ao día seguinte... ESTABAMOS SALVADOS!! Sara estaba en cada un dos nosos libros!!
E efectivamente, ao rematar ese capítulo, SARA SALVARA O NOSO CONTO!! Agora só nos quedan dous máis para coñecer o final da historia pero...sabemos que pinta moi ben!! Mentras tanto... gustáronnos tanto as PERSONAXES que estamos argallando algo que nos ten moi emocionados/as!! Que credes que será? Unhas pistas en forma de imaxes...
Outra pista... Levamos uns diíñas traballando e profundizando sobre diferentes tipos de COMPOSICIÓNS LITERARIAS: NARRATIVA, POESÍA, TEATRO E CÓMIC. De paso, aproveitamos para entender mellor o etiquetado da CDU da nosa biblio!!
Encantounos descubrir as ONOMATOPEAS...
Ou os diferentes BOCADILLOS DE CÓMIC e o seu significado!!
Ola son Enma, está encantándome o libro da biblioteca galáctica, tamén me encantan os comics.chao.📖📖📖
ResponderEliminarOla son Hugo o libro que estamos lendo está moi interesante. Teño moitas ganas de ir o auditorio. Un saúdo
ResponderEliminarOla son Icia, encantame este libro está sendo moi guai e moi gracioso sobre todo o profesor smhit. Apertas lectoras.
ResponderEliminarOla, encantoume o libro e teño moitas ganar de ir o teatro. Carmen .🎭🎭🎭🎭📖📖📖📖📖📚📚📚📚📚📚
ResponderEliminar