mércores, 2 de abril de 2025

Exprimindo as últimas semanas de trimestre!!

 Ola peques e familias!! 
Toca exprimir as últimas semanas e temos moitas actividades en marcha!! Unha que nos encanta é que os/as mestres/as andan argallando poñer novas propostas no patio e para iso preguntaron a todas as aulas que nos gustaría!! Na nosa clase que nos tomamos todo moi en serio, o primeiro que fixemos foi realizar cada un un PLANO INDIVIDUAL do que nos gustaría atopar nel e onde o situariamos.
 Despois puxemos as ideas en común e baixamos a analizalas no propio terreo!! 
Unha delas era ter un "lugar onde plantar" e así descubrimos que xa o tiñamos e que se queriamos utilizalo tocaba recuperalo!!
 Agora todas as nosas propostas irán plasmadas neste plano grupal!! 
Encantounos ser parte desta iniciativa!! Agora a nosa parte está feita, a seguinte tócalle aos profes!! Esperaremos ilusionados/as a ver que se pode facer!!
Tamén estamos moi emocionados/as coa lectura do conto que nos agasallou Libria!! 
Encántanos ir atopando as personaxes dos contos que xa leramos anteriormente e descubrir as aventuras que viven!! Quédanos pouquiño para rematar e estamos moi intrigados/as co final!! Que pasará?? Como rematará?? Admítense apostas en comentarios!!
O que temos claro é que cumpriremos a misión de lelo antes do ESPECTÁCULO DE TEATRO sobre o mesmo que nos preparou Libria no auditorio o próximo mércores!! Non nos dá chegado o día!! Seguiremos informando... 
E, por se fora pouco, hoxe tocounos a quenda do TORNEO DE XADREZ INTERNO do noso cole!! 
Que gran experiencia tamén!! E aínda non rematou... aínda queda moito por contarvos!!
Apertiñas lectoras!!

4 comentarios:

  1. Ola son Enma, teño moitas ganas de ver como quedará o novo pátio.Creo que o final do libro pode ser que acaben abrindo a biblioteca galáctica.Apertiñas lectoras.

    ResponderEliminar
  2. Ola son Hugo gustoume moito xogar o torneo de xadrez e renovar o xardin. E o libro que estamos a ler está moi guai, estou mooooooooooi impresionado e o profesor Smit algo trama . Un saúdo 😃😄😝😋🤪😜😝😘🥰😍🤩🥳☺️😁😁😊

    ResponderEliminar
  3. Ola encantoumeeeee o torneo de xadrez.😄😄😻.Son Alėn.

    ResponderEliminar
  4. Ola son Vera, encantoume xogar ao xadrez, paseino ben. Tamén o libro da biblioteca galactica. A profe Alicia deixounos intrigados. chaooooo 😋🙂♟️♟️🤩😍🥰.

    ResponderEliminar

Obradoiros de cancións tradicionais e da vida antes na Arousa!!

 Ola peques e familias!!  Continuamos contándovos as marabillosas visitas dos nosos familiares!! Esta vez a quenda foi para os tíos-avós de ...