xoves, 6 de marzo de 2025

Festa de pixamas!!

Ola peques e familias!! 

Despois duns días estupendos de ENTROIDO retomamos as clases moi cómodos/as!! Vir ao cole en PIXAMA si que mola!! Así de guapiños/as estabamos!! 

As profes tiñan preparada unha FESTA DE PIXAMAS LECTORA na BIBLIO!! 

Así que nos xuntamos cos compis de 2º B e, por grupos, comezamos a buscar coas nosas lanternas na ESCURIDADE... LIBROS ESCONDIDOS!! 

Despois tocaba darlle pistas aos demais compis para que averiguasen de que libros se trataban!!

 Para rematar, fixemos a lectura dos mesmos á LUZ DAS LANTERNAS!! 

Foi moi motivador e emocionante!! A BIBLIO É UN LUGAR MÁXICO onde sempre pasan cousas marabillosas!! GRAZAS TAMÉN A LIBRIA!!

 Apertiñas lectoras!!

6 comentarios:

  1. Ola son Icía,encantóume ler o libro de Amaranta coas lanternas e tamén me encantou ir en pixama a o cole e descubrir os libros dos compañeiros e compañeiras. Apertas lectoras.

    ResponderEliminar
  2. Que maravilla poder desfrutar así da biblioteca.... menuda ilusión tiña Valentina por facer esta actividade chan chula!! Apertiñas para todos LECTORES !!! A mamá de Valentina

    ResponderEliminar
  3. Ola son Valentina encantoume o xogo cos libros, que os compañeros adivíñen cal é ese conto con pistas, ler ca linterna e ir en pijama. Apertiñas lectoras, chao

    ResponderEliminar
  4. Ola son Enma, gustoume o sorpresón que nos deu a profe Alicia na biblioteca e tamén gustoume ir en pixama e ler coas lanternas!🔦📖

    ResponderEliminar
  5. Ola son Mía encántame a festa de pijama .. hasta luego

    ResponderEliminar
  6. Ola son Alén, encantoume o día de ir en pixama no colexio e ás actividades na biblioteca do colexio e buscar o libro 👘🩴

    ResponderEliminar

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...