venres, 7 de marzo de 2025

Días de emocións!!

Ola peques e familias!! 

Vaia dous días de emocións levamos!! Onte antes da festa de pixamas recibiamos unha CARTA moi especial!! Xa facía unha tempada que comentabamos que non tiñamos noticias de XELO e da GOTIÑA DA AROUSA e xusto onte explicáronnos o motivo. Lede con atención!!

 Quedamos moi sorprendidos/as e intrigados/as e pronto fomos a investigar a PISTA do libro e ata fixemos un pequeno ditado sobre o tema!! Por certo, cada vez son máis longos pero facémolos mellor!!

Aí saíron pescudas dunha excursión á praia ou incluso...dun CRUCEIRO!! Pero fixámonos que o que máis aparecía eran BARCOS, en especial, VELEIROS!! Ocorréusenos que ao mellor algún AVÓ ou AVÓA podía traer un ao cole no seu obradoiro!! Hoxe ao chegar á aula tivemos máis pistas!! 

Xa a segunda hora desvelamos o MISTERIO!!

 Visitáronnos da ESCOLA DE VELA de Sanxenxo e contáronnos que... iriamos de EXCURSIÓN A NAVEGAR NOS SEUS BARCOS VELEIROS!! Non iamos moi desencamiñados/as e alucinamos!!

 Despois de explicarnos moi ben todo sobre ese tipo de barcos e as normas de seguridade da saída... aínda tiñan unha SORPRESA!!

 Trouxeron un BARQUIÑO ao cole e puidemos montar nel e comezar a practicar!! Estivo xenial!! 








Xa estamos preparados/as para a AVENTURA!!

 Será o próximo venres...

pronto teredes noticias familias!!

Apertiñas aventureiras!!

9 comentarios:

  1. Bueno, bueno , bueno... eu tamén quero ir!! Pero vamos a ver.... en qué momento pararán estes nenos de desfrutar do cole e de todo o que lle ofrece.... creo que nunca!!! e eso alégrame o corazón!!! Que ganiñas de velos desfrutar neses barquiños veleiros!!!!A mamá de Valentina

    ResponderEliminar
  2. Ola son Icía encantoume a escola de vela e que para a semana que vén montemos nela... que emoción! e tamén me gustou montar no barco. Moitos bicos Icía.

    ResponderEliminar
  3. Ola son Sofía Encantoume a pista da gotitde auga da Arousa 💧💦

    ResponderEliminar
  4. Ola son Enma, que sorpresón nos deu a gotiña de Arousa! Que ilusión me fai ir a navegar o próximo Venres. Estou contando os días. Chao.⛵️🛶🛳🛥🚤⛴🚢⚓️🛟🪝💦💧🌊✨🫶🏻

    ResponderEliminar
  5. Ola son Hugo gustoume moito a sorpresa que nos fixeron.Un saúdo 🚢🛳️🚢🛳️🚢🛳️🛳️🛳️🛳️🚢🚢🚢🚢

    ResponderEliminar
  6. Ola son Alén, encántame a sorpresa da excursión para montar en veleiro. Estou moi nervioso.😍🥰🤩🌊🫧💧🛳️🚢⛵

    ResponderEliminar
  7. Ola son Vera, estou moi nerviosa pola excursión do venres a Sanxenxo.⛵️😄🥰😍🤩😘🥳🥳

    ResponderEliminar
  8. Ola son Valentina, gustoume moito a sorpresa da gotiña de Arousa! Quero que sea venres xa para ir navegar. Chao. Bicos para todos ❤️😍🥰😘🎉🎉🎉🎉📣📣🎉😘😻😻😻😻

    ResponderEliminar
  9. Ola son Mía encantoume esta visita, que ben o paseo, pedazo sorpresòn, estou esperando ansiosa por esa excursión!!!!aperturas para todos😁😁😄😄😄

    ResponderEliminar

Obradoiros de xogos tradicionais!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre estivo cheo de OBRADOIROS DE TRADICIÓN ORAL grazas aos nosos avoíños e avoíñas!! Canto aprendemos e ...