Na nosa clase non perdemos nin un minuto e novas aprendizaxes xurden todos os días!! Onte comezamos cun tema que xa traballamos en primeiro e no que estamos profundizando: "OS CORPOS XEOMÉTRICOS". Comezamos vendo un vídeo para recordar a diferenza entre estes e as FIGURAS PLANAS.
Tamén, despois de coñecer o SISTEMA SOLAR e como acontece o DÍA e a NOITE e as ESTACIÓNS... comezamos co tema do TEMPO ATMOSFÉRICO!! Que gran mundo!! Así que primeiro vimos dous vídeos do simpático camaleón!!
Despois analizamos en diferentes MAPAS DO TEMPO os SÍMBOLOS que se utilizan. E aproveitando que estamos na SEMANA DA PRENSA, consultamos varios XORNAIS para buscar se aparecía a predición do tempo e observar que tempo daban para hoxe e para os próximos días.
Centrámonos no VENRES xa que precisamos que non chova para a saída en vela!! A cousa non está moi clara...toca agardar un pouco máis!!
Pero entendemos perfectamente unha das utilidades dos mesmos e falamos de todas as que podía ter!! Agora toca repasar moito e nas próximas entradas seguiremos contándovos outros temas nos que estamos inmersos!!
Ola son Valentina!!! aprendemos a mirar o tempo, e miña nai dime que antas miraba a Peman, fixome moita gracia o nome e pensaba que estaba de broma. Chao. bicos para todos
Ola son Hugo gustoume moito repasar os corpos geométricos está mooooooooi chulo. Un saúdo 😀😀😀😀😃😃😃😄😄😄
ResponderEliminarOla son Enma, gustoume aprender a ver o tempo atmosférico no perodico.Ojalá o Venres non choiva.☀️⚡️☃️☄️🌨☁️☂️
ResponderEliminarOla son Valentina!!! aprendemos a mirar o tempo, e miña nai dime que antas miraba a Peman, fixome moita gracia o nome e pensaba que estaba de broma. Chao. bicos para todos
ResponderEliminarOla son Icia, encantoume estudar os corpos xeométricos. Apertas lectoras.
ResponderEliminar