mércores, 19 de febreiro de 2025

Día da amizade e o amor!!

Ola peques e familias!! 

O 14 deste mes celébrase o tradicional DÍA DO AMOR E DA AMIZADE!! Na aula adaptamos a actividade do amigo/a invisible que tanto nos gusta e tocou escribir unha CARTA a un compi na que incluímos tres razóns polas que el ou ela é INCRIBLE!! 

Saíron cousiñas moi bonitas e apertas moi sentidas!! Canta faltiña fai que ás veces nos recorden canto valemos e por que!! E que bonito é CELEBRAR A AMIZADE!! 

Días despois continuamos cunha actividade de AMOR PROPIO!! Escribir cousas bonitas a outra persoa ás veces é máis sinxelo que a nós mesmos/as. É curioso, verdade?? Así o comprobamos cando nos tocou escribir unha CARTA PARA NÓS MESMOS/AS que comezaba... "SON INCRIBLE PORQUE...". 

Nalgúns casos costou máis do esperado pero houbo moita axuda dos compañeiros/as e ao final ter esa CARTIÑA PRECIOSA nas nosas mans sacounos un GRAN SORRISO!! 

Xa falamos que debemos gardala ben e tela moi presente!! 

Cando toca decorar ou debuxo libre sempre adoitan aparecer referencias a algunha personaxe ou conto e á biblioteca, como á nosa estupenda mascota Libria!! Marabilloso!!

Ese día tamén recibimos o agarimo das familias en forma de notiñas preciosas e biscoitos cheos de amor!! 

Grazas sempre!! 

E agora un RETO: probade a continuar esta actividade con personiñas queridas para vós!! Poden ser da familia, do cole, amigos/as, veciños/as... e a conseguir moitos SORRISOS!! Adiaaaante!!:)

Apertiñas agarimosas!!

6 comentarios:

  1. ola son icia gustoume moito o bizcoito do santo de valentina estava moi rico. e tamen me gustou facer a carta de soy increible porque. apertas lectoras chao.

    ResponderEliminar
  2. Ola son Hugo gustoume moito facer o do amigo invisible un saúdo.💚💜💙🤎🖤🤍💘💝💖💔❣️

    ResponderEliminar
  3. Encantoume o biscoito de Valentina asta logo Mía

    ResponderEliminar
  4. Ola son Enma, encantoume o biscoito de Valentina coa receita de miña avóa e a carta que me escribeu Alén. Tamén a de son increible porque…..❤️❤️❤️💋💋💋💋.Encántame o día do Amor e da amizade.. chao.💋❤️😍

    ResponderEliminar
  5. Ola son Carmen, gustoume ler a miña carta. Apertiñas.📖📖📖📚📚📚

    ResponderEliminar
  6. Ola son Valentina encantoume o bizcoito que fijen con miña nai, e tamen facer a carta do amigo invisible. Apertas e bicos

    ResponderEliminar

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...