O 14 deste mes celébrase o tradicional DÍA DO AMOR E DA AMIZADE!! Na aula adaptamos a actividade do amigo/a invisible que tanto nos gusta e tocou escribir unha CARTA a un compi na que incluímos tres razóns polas que el ou ela é INCRIBLE!!
Saíron cousiñas moi bonitas e apertas moi sentidas!! Canta faltiña fai que ás veces nos recorden canto valemos e por que!! E que bonito é CELEBRAR A AMIZADE!!
Días despois continuamos cunha actividade de AMOR PROPIO!! Escribir cousas bonitas a outra persoa ás veces é máis sinxelo que a nós mesmos/as. É curioso, verdade?? Así o comprobamos cando nos tocou escribir unha CARTA PARA NÓS MESMOS/AS que comezaba... "SON INCRIBLE PORQUE...".
Nalgúns casos costou máis do esperado pero houbo moita axuda dos compañeiros/as e ao final ter esa CARTIÑA PRECIOSA nas nosas mans sacounos un GRAN SORRISO!!
Xa falamos que debemos gardala ben e tela moi presente!!
Cando toca decorar ou debuxo libre sempre adoitan aparecer referencias a algunha personaxe ou conto e á biblioteca, como á nosa estupenda mascota Libria!! Marabilloso!!
Ese día tamén recibimos o agarimo das familias en forma de notiñas preciosas e biscoitos cheos de amor!!
Grazas sempre!!
E agora un RETO: probade a continuar esta actividade con personiñas queridas para vós!! Poden ser da familia, do cole, amigos/as, veciños/as... e a conseguir moitos SORRISOS!! Adiaaaante!!:)
ola son icia gustoume moito o bizcoito do santo de valentina estava moi rico. e tamen me gustou facer a carta de soy increible porque. apertas lectoras chao.
Ola son Enma, encantoume o biscoito de Valentina coa receita de miña avóa e a carta que me escribeu Alén. Tamén a de son increible porque…..❤️❤️❤️💋💋💋💋.Encántame o día do Amor e da amizade.. chao.💋❤️😍
ola son icia gustoume moito o bizcoito do santo de valentina estava moi rico. e tamen me gustou facer a carta de soy increible porque. apertas lectoras chao.
ResponderEliminarOla son Hugo gustoume moito facer o do amigo invisible un saúdo.💚💜💙🤎🖤🤍💘💝💖💔❣️
ResponderEliminarEncantoume o biscoito de Valentina asta logo Mía
ResponderEliminarOla son Enma, encantoume o biscoito de Valentina coa receita de miña avóa e a carta que me escribeu Alén. Tamén a de son increible porque…..❤️❤️❤️💋💋💋💋.Encántame o día do Amor e da amizade.. chao.💋❤️😍
ResponderEliminarOla son Carmen, gustoume ler a miña carta. Apertiñas.📖📖📖📚📚📚
ResponderEliminarOla son Valentina encantoume o bizcoito que fijen con miña nai, e tamen facer a carta do amigo invisible. Apertas e bicos
ResponderEliminar