mércores, 10 de xaneiro de 2024

Emocionante comezo de segundo trimestre!!

Ola peques e familias!! 

Despois das vacacións tivemos unha GRAN SORPRESA para comezar!! O elfiño TRAVESIÑO volveu e veu cargadiño de agasallos para nós, entre eles, un libro divertidísimo!!

Abrímolos e... non perdemos un minuto para probalos!! Como molan!! 

Adaptados aos nosos gustos e pode que algo tamén a cousiñas que imos a traballar!! El é moi listo!! Pero ademais, COMEZAMOS NOVO ANO, NOVO MES E NOVA ESTACIÓN!! 

Polo que xa nos puxemos mans á obra!! Recordamos os MESES DO ANO cunha preciosa CANCIÓN que xa case sabemos de memoria e cunhas ADIVIÑAS!!

Respondendo xa todo en MINÚSCULAS!!

 Ademais, investigamos cousiñas sobre o INVERNO e creamos árbores preciosas inspirándonos nas do patio!! Así que deixamos o colorido OUTONO atrás!! 

Fixemos árbores de FOLLA CADUCA que agora están desnudiñas imaxinando que se enchían de NEVE... e outras de FOLLA PERENNE que resisten todo o ano coas súas follas!! 

ÁRBORES DE OUTONO 

do primeiro trimestre:

ÁRBORES DE INVERNO:

E aproveitando a vea artística... collemos os PINCEIS e fixemos uns debuxos libres!!

Ahhhh!! 

E festexamos os aniversarios de dúas compis que cumpriron en vacacións!! Alba trouxo unha torta de queixo deliciosa e Enma co seu graan biscoito foi a primeira en estrearse nos 7 aniños!! 

PARABÉNS ÁS DÚAS!!

Pero atent@s que estas semaniñas veñen cargadiñas de sorpresas e aínda nos queda o último OBRADOIRO do primeiro trimestre por contarvos!! Un mooooi delicioso!! 

Apertiñas ilusionadas!!

4 comentarios:

  1. Menuda sorpresa nos trouxe o noso elfiño Travesiño!!!! Encántame ir al cole e disfrutar de todas as sorpresas !!! 🌈⛈️⛅️🌨️❄️☔️💦🌤️🌈🌦️ Valentina

    ResponderEliminar
  2. Hola son Enma,non me esperaba a visita de travesiño e encantoume o agasallo de construir cidades. E gracias a todos os meus compis e a profe Ali por facerme desfrutar tanto do meu cumple.😘🎉🥳🎂🎊🎁🎈😽 🥰🥳😻💋👩‍🦳👧

    ResponderEliminar
  3. Son Hugo, eu xa tiña ganas de volver o cole para estar cos meus amigos e aprender moitas cousas 🙂🙂🙂🙂👍🫶👶👧🧒👩🎅🏻🧑‍🎄

    ResponderEliminar
  4. Que alegría volver o cole con tantas sorpresas !!!! Encantame a nova canción das estacións!!!!💕💕💕💕😊😊😊😊😊❤️❤️❤️❤️❤️💞💞💞💖🙂🙂🌸MÍA DIOS

    ResponderEliminar

Coa chegada de outubro... LIBRIA abre a biblio!!

Ola peques e familias!!  Como todos os cursos LIBRIA xa ten todo preparado para abrir a BIBLIO en OUTUBRO!!  Así que este martes xa poderemo...