sábado, 13 de xaneiro de 2024

Con este obradoiro... imos de chiringuito!!

Ola peques e familias!! 

Faltaba por contar o último obradoiro do primeiro trimestre!! Xa adiantamos que foi deeeeeelicioso!! A familia de Valentina visitounos para falarnos do seu traballo en verán, son COCIÑEIRO E CAMAREIRA nun CHIRINGUITO!! 

Tamén nos axudaron a clasificar as súas profesións e... fomos directos á SORPRESA que nos tiñan preparada!! Cando baixamos había moitísimos instrumentos e electrodomésticos para cociñar, alimentos e preparacións cunha pintaza e... mandís e gorros de cociñeir@s para tod@s porque a hixiene é moi importante!!


 Despois dunha breve explicación organizámonos e chegou o importante: poñernos mans á obra para COCIÑAR!! 

Gofres, galletas, creps e batidos con brochetas de froitas foron a nosa exquisita merenda grazas a Valentina e os seus papis!! Todo decoradísimo de mil maneiras!! 

E para despedirnos tivemos agasallos e un diploma!! 

Tamén nós queriamos agradecer o gran esforzo e ilusión de Valentina e os seus papis con outro DIPLOMA e un gran aplauso!! Moitísimas grazas por todo o que aprendemos e gozamos e pola exquisita merendola!! 

Apertiñas agradecidas!!

4 comentarios:

  1. Hola son Enma, eu vou moito o chiringuito dos pais de Valentina no verán.Encántame comer e cear Alí.Gracias por esta mañan tan divertida, encántame cociñar e sobre todo comer cousas tan deliciosas.😘🎂😴😽🍫🍰🍩🍪🍭🍯🍮🍧🍬🍡🍡🍨🍦🥮🧑‍🍳👨‍🍳

    ResponderEliminar
  2. Foi unha mañá increíble!!! Pasámolo en grande vendo como todos querían ansiosos facelo todo!!! Gracias por todo!!! Mamá de Valentina 🥰🥰🥰😍😍😍❤️❤️❤️❤️

    ResponderEliminar
  3. Son Hugo, EU tamen vou o chiringuito e a Praia dos meus padrinos cos meus amigos Marco, Valentina, Enma, Mía, Mael, Iris e Jimena. Que ben o pasamos tod@s e que ricos están os helados 🍧🍧🍧🍧 Gracias padrinos💜💜💜🌅🏝️🏝️

    ResponderEliminar
  4. ⭐⭐⭐Pero que cousas tan ricas fan estés pais. A nai de Hugo⭐⭐⭐

    ResponderEliminar

Coa chegada de outubro... LIBRIA abre a biblio!!

Ola peques e familias!!  Como todos os cursos LIBRIA xa ten todo preparado para abrir a BIBLIO en OUTUBRO!!  Así que este martes xa poderemo...