mércores, 6 de decembro de 2023

O elfo non para!!

Ola peques e familias!! 

Os primeiros días do MES DE DECEMBRO foron movidiños!! O día que apareceu o elfo presentámoslle a "Caretas", outro elfiño que anda polo noso corredor!! 

O primeiro de todo era cumplir o RETO do noso ELFO!! Buscarlle NOME!! Así que collemos a libreta, pensamos opcións e ata o debuxamos!! 

Despois fixemos unha lista con todas e votamos democraticamente o nome que máis nos gustaba de todos!! 

O resultado foi...TRAVESIÑO por maioría absoluta!! Ese día apareceu... intentando adornar á aula pero creando un desastriño e con todos os lazos polo seu corpo!! 

Menos mal que despois 

o arranxou un pouco!!

Ao seguinte día apareceu na aula como un auténtico ARTISTA NAVIDEÑO!! 

Iso si... tivo que facer das súas e andar remexendo en varios dos nosos estoxos!! 

Nós aproveitamos os MANDALAS que trouxo e tamén fixemos unhas letras moi chulas de Nadal!! 

A volta do recreo... non sabedes que pasou!! Xa estaba todo no seu sitio e ata nos preparou unha SORPRESIÑA xunto aos outros ELFOS que trouxeron unhas compis!! Encantounos!! 

E agora... toca esperar que se lle ocurrirá despois destes festivos!! 

Apertiñas intrigadas!!

4 comentarios:

  1. Hola Travesiño, son Enma , encántanme as túas travesuras, estou impaciente por ver a tua nova trastada.Un saúdo da tua amiga Enma de 1A

    ResponderEliminar
  2. Este Travesiño parece meu irman Pablo, non para quieto!!! 😂😂 Non para de sorprendernos. HUGO

    ResponderEliminar
  3. PERO QUE TRAVESIÑOS SON OS NOSOS ELFIÑOS 🎁🎄🎡❤️🎅🎁NON PARAN DE FACER TRASNADAS 😉☺️🤩🥳🤗🤡🫶🏽🎄🎅🪅🤶🎁💝

    ResponderEliminar
  4. O PAI DE VALENTINA QUERE BOTALO FORA DA CASA!!! Todas as noites dedícase a facer trasnadas e a deixar todo tirado 🫢🫢🫢 Seguro q Travesiño se porta mellor que o noso Elfo Piruleta 🎁🤡😘😍🎅🤡🎄🫶🏽❤️ Mamá de Valentina

    ResponderEliminar

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...