Fai uns diiñas recibimos a Manuel, o pai de Breixo que nos veu a explicar unha PROFESIÓN moi da nosa localidade!!
El é MARISCADOR en lancha pero tamén traballa no porto!! Comezamos pola segunda profesión e, xunto con Breixo, ensinounos un montón de fotos que nos impresionaron!! Traballa principalmente con aluminio e cereais, cargando ou descargando barcos!!
Para descargar os cereais utilizan esta máquina chamada "cuchara"!!
O aluminio debe vir ben colocado senón é máis perigoso e tardan moito máis en descargalo!! Cando descargan todo o barco queda baleiro!!
As gaivotas aparecen para aproveitar os restos de cereais para merendar!!
Utilizan un montón de máquinas e precisan moitas medidas de seguridade!!
E cantos BARCOS diferentes e chulos había!!
A súa segunda profesión é a de MARISCADOR!! Utiliza o RAÑO para collelas e Breixo nos explica moi ben como é!!
Mirade que fotiños máis interesantes do proceso de marisqueo ata a súa chegada á lonxa!!
Para rematar, Manuel trouxo diferentes tipos de AMEIXAS que nos axudou a distinguir e clasificar!! Ata aprendemos a medilas!!
Antes de marchar, recordounos dúas cousas moi importantes: debemos recoller o noso lixo e non podemos coller marisco das praias sen autorización!!
Tamén nos puxo uns vídeos!!
Tocaba a despedida!!
Primeiro axudándonos a clasificar a súa profesión e despois agradecendo enormemente o ben que o pasamos e todo o que aprendemos cun merecido DIPLOMA!!
E eles tamén tiñan unha sorpresiña personalizada para nós!!
Aínda queda algún OBRADOIRO este trimestre e varios para o seguinte!! Así que... seguimos!!
Hola Manuel, son Enma, que interesantes os teus traballos. Un biquiño Enma.
ResponderEliminarGustoume moito o regalo e as cunchas das ameixas 🌊🌅🏝️ Hugo
ResponderEliminarUn tema moi interesante e sobre todo o da basura que hai no mar, entre todos temos que coidalo, tanto o mar como a Terra. A nai de Hugo
ResponderEliminar