Ola peques e familias!!
DECEMBRO chegou dunha maneira inesperada!!
Coa data posta, a pizarra escrita e ROTUS PEGADOS nela!! E o resto da aula mirade como estaba!!
A medida que chegabamos quedabamos máis alucinad@s!! As nosas reaccións dino todo!!
E @s d@s nen@s de 1º B tamén!!
Ata que descubrimos unha
VISITA INCRIBLE!!
Intentamos averiguar que ocurrira e entre duendes e elfos... o cambio de MES tiñámolo clarísimo!!
Viña con CARTA!! Así que á ENCARGADA tocoulle lela a ver se resolviamos o misterio!! A profe Maica quixo quedarse tamén a descubrilo!!

Agora xa sabemos quen é!! Un ELFIÑO de Papá Noel que escribe en verso!! Elexiunos para enviárnolo e cada noite irá a contarlle como nos portamos na aula!!
Aínda que cremos que si porque ao final o elfiño arranxou a desfeita como prometera!! Menos mal!!
Así que agora toca respectar o encargo de NON TOCALO para que NON PERDA A SÚA MAXIA e non se encolla e... POÑERLLE NOME!! Así que collemos a libreta e nos puxemos MANS Á OBRA aínda coas mesas descolocadas á espera do arranxo!!
Hoxe non rematamos pero xa temos moitas ideas!! Pronto vos contaremos que decidimos e que máis TRASTADAS acontecen!!
Apertiñas navideñas!!
Por fin chegou a desexada época de Navidad 🎄🎁🎅🎁😘🥰😍❤️🎅🎄 Na Nosa casa tamén chegaron 2 elfiños moi trastes e golfiños… pero estamos encantadas con él!!! A que sí Valentina!!! 🥰🥰🥰 Contalle o que nos fixo 😥😥🎁🥰❤️ Biquiños para todos!!! E que comece a Máxima da Navidad !! ❤️🎁🎄🎅❤️🎁🎄❤️🎅🎁❤️ Mamá Valentina .
ResponderEliminarPor fin comeza a época màis máxica do ano,este fin de semana viñeron os nosos amigos Payasete e Pascuala,coas suas trastadas🦄🦄🦄🦄💞💞💞💞💞Tan desexado momento...empezamos a conta a atrás.....A seguir cumprindo soños...Rita mamá de Mía💗💗💗💗💖💖💖💖💖
ResponderEliminarOla, son Hugo. O elfiño Rebeldiño 🎅🏻🎄 FELIZ NADAL. Vemonos mañan🫡
ResponderEliminar