martes, 28 de novembro de 2023

RETO conseguido!!

 Ola peques e familias!! 

Cos OBRADOIROS das mamis de Enma e Martín plantexámonos un RETO seguindo o noso PROXECTO DE CENTRO DE ARTE E CONVIVENCIA!! Consistía en facer un envío para cada un dos usuari@s dos 3 CENTROS DE DÍA nos que elas traballan!! 

Así que tocou sacar a nosa vea artística facendo DEBUXIÑOS CON ADICATORIAS e decorando as PALABRAS BONITAS que xuntamos entre tod@s!! 

Fomos xuntando DECENAS para saber cantos tiñamos e cantos nos faltaban!! Mates a tope!! 

E tocaba escribir as CARTAS e preparar os SOBRES!!

Levounos un tempiño pero...conseguímolo!! Contamos coa axuda dos nosos compis de 1ºB e de segundo!! GRAZAS!!

Pero faltaba envialos!! 

E a mestra tiña unha SORPRESA preparada coa que non contabamos!! Fariamos a PRIMEIRA SAÍDA DO CURSO para ir a CORREOS a entregalas!! Que nervios e ilusión!! Prontiño poderedes vela.... 

Apertiñas emocionadas!!

5 comentarios:

  1. Alaaaaaa!!!! Pero que bonitas todas esas cartas cheiñas de cora, , palabras e debuxos bonitísimos!!!! Con ese gran ritmo de traballo poderídes perfectamente ser axudantes de Papá Noel 🎄 🎁 encantaríame ver acariña dos usuarios dos Centros cando as reciban!!! 👵🏼👴👵🏼👴👵🏼👴 Gran traballo chic@s!!! ❤️😍❤️😍❤️😘❤️😍Mamá Valentina

    ResponderEliminar
  2. RETO CONSEGUIDO. A Hugo o que mais lle gustou a parte de preparar os agasallos foi sair de excursion, que ben o pasastedes 👏👏👏 A por outro reto. A nai de Hugo 😍😍

    ResponderEliminar
  3. Que iniciativa tan bonita! A Alén e Vera encantoulle a actividade e encantoulle ir de excursión. A min pareceume super bonito que aprendesen que os pequenos detalles poden ser grandes xestos de amor. Mamá de Vera e Alén

    ResponderEliminar
  4. Que bonito!!a Sofía encantoulle a experiencia de ir á oficina de correo. Unha iniciativa preciosa pola vosa parte❤️. Mamá de Sofía

    ResponderEliminar
  5. Que bonitos quedaron eses debuxos, cargados de palabras e mensaxes con moito agárimo. Porque os maiores regalos son os feitos dende o corazón e este reto esta máis que conseguido porque lle puxéchedes todo o voso amor. Estou segura que lle ides a sacar grandes sorrisos os avoiños/as. Un biquiño de Carolina (a mamá de Enma)

    ResponderEliminar

O mundo das máquinas!!

Ola peques e familias!!  Seguindo co estudo do PASO DO TEMPO adentrámonos no cambio que sufriron as MÁQUINAS cos anos!!  E comezamos o seu ...