xoves, 23 de novembro de 2023

Nova ronda de encargad@s!!

 Ola peques e familias!!
O curso avanza e esta semana demos por rematada a segunda ronda de ENCARGAD@S!! As actividades da ASEMBLEA de chegada foron todo un éxito!! Fixemos un recopilatorio de moitísimaaaaaaas PALABRAS BONITAS EN GALEGO entre as que elixía @ ENCARGAD@ cada día e a vosa GRAN COLABORACIÓN!!
 Quedou unha listaxe ben xeitosa que debe continuar!! 
Os compis de segundo tamén nos agasallaron con outra listaxe ben especial!! Como mola CONVIVIR FELICES!!

Nós cambiamos de actividade na nova ronda pero vós podedes seguir mandando PALABRIÑAS cando vos apeteza xa que estamos ampliando un montón o noso vocabulario en galego e as nosas AXENDAS locen máis bonitas e agarimosas!! Ademais de practicar lectura, escritura, presentación... Grazas de verdade!! 
Unha pequeniña mostra...
Ademais diso as MATEMÁTICAS estiveron presentes tamén de varias maneiras!! Primeiro situándonos no ano, no mes e no día da semana e rodeándoo na nosa axenda, despois co CALENDARIO DIXITAL que ademais de buscar o día nos propoñía un RETO. 
Deixo o enlace por se queredes continuar a actividade na casa!! 

Tocaba tamén "facer contas" co alumnado da aula e cos días que levamos de cole!! E se nos equivocamos...borramos e aprendemos!!
E se xuntamos unha DECENA máis...toca FESTA!!
E falta a actividade estrela que foi "A ARAÑA DA DATA" aproveitando que cadrou na tempada do Samaín!! Cada vez as nosas cabeciñas sacaban descomposicións máis espectaculares que @s escargad@s rexistraban na pizarra!! Traballo en equipo que tamén nos ensinou a xestionar as quendas de maneira xusta e levar "o mando" da clase por un ratiño!!
Axudáronnos moito as DECENAS cheas de "palillos-UNIDADES" coas que nos está ensinando a traballar a profe e o cohete para restar!! 
Nalgunhas propostas tocounos contar moito e á encargada encherse de paciencia!! 
 Na nova ronda a araña xa tomou outra forma que pronto descubriredes!! 
Por hoxe despedímonos!! 
Apertiñas traballadoras!!

5 comentarios:

  1. Que tantas cousas estan traballando é a vez aprendendo. Encantoume o xogo da araña e parece-me moi boa idea o de seguir cosa palabras bonitas en galego que escribimos na axenda.
    A nai de Hugo ➕➖➕➖➕🟰➕➖➕

    ResponderEliminar
  2. Que pequeños grandes artistas temos!!!! Que fácil parece todo cando se aprende xogando!!! Encántame este método que utilidades profe!!! E eles tamén sei de primeira man que están súpe motivados e emocionados!!! Mamá de Valentina!! Oxe vou poñer moitos unicornios que a ela encantanlle 🦄🦄🦄🦄🦄🦄🦄🦄🦄🦄🦄🦄🦄🦄🦄🦄🦄🦄🦄🦄🦄🦄🦄🦄🦄🦄🦄🦄🦄🦄🦄🦄

    ResponderEliminar
  3. Estamos encantad@s de vervos aprender de esta forma tan divertida!!! Rita nai de Mía!! Un saúdo!!💗💗💗💗💞💞💞💞

    ResponderEliminar
  4. Profe, fixen o reto que aparece no calendario, oxe 24 de novembro o resultado seria : 12-2=10, a resposta seria 2!!! 🦄⛄️😇🤩🥶🥰😍😘🤑🤡⭐️🌟✨❄️☃️🌬️🥗🍱🥛🩷🩵💚💚💚Valentina

    ResponderEliminar
  5. Animo chicos/as a seguir coñecendo a riqueza da nosa lingua. Está chea de palabras FERMOSAS. Grazas por lembrarnos algunhas que tiñamos esquecidas. Mamá e Papá de Vera e Alén.

    ResponderEliminar

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...