Ola peques e familias!!
Como nos gustan as FESTAS!! E máis se manteñen tradicións como a do MAGOSTO!! Foi un día do máis intenso e especial!! E nos viñamos vestid@s para a ocasión!! E tamén tod@s @s mestr@s!!
Primeiro @s mestr@s xunto cos compis de sexto tiñan preparados unha morea de XOGOS TRADICIONAIS!! Que ben o pasamos con 1ºB, para mostra estas imaxes!!
Hai xogos realmente interesantes e algúns creados polo mestre Toño co seu carteliño explicativo!! Grazas profe!!
Despois tocou repoñer forzas merendando as CASTAÑAS que prepararon os mestres Toño e Alberto!!



Preparamos todo...e a papar!!
Estaban boísimas!!
Pero a sorpresa foi cando nos trouxeron uns boliños preñados!! Como nos puxemos!!
E como boa FESTA POPULAR faltaba a FOLIADA!! A profe de música Patri púxose ao frente acompañada da profe Olalla e unhas marabillosas compis pandereteiras e... non paramos de cantar e bailar!!
Un OLE enorme pola RODA FINAL DE TODO O COLE, pola gran voz da nosa mestra e polo gran TRABALLO EN EQUIPO para conseguir esta festaza!!
Xa di a profe Ali...
que sempre funciona!!
Só quedaba aproveitar as brasas para que @s nos@s compis de sexto queimaran os MEDOS de todo o cole que recolleron no SAMAÍN!! Xa quedaron todos fóra!!
VAIA DÍA MÁIS CHULO!!
Este cole si que mola,
se merece unha ooooola!!
PRONTIÑO...máis!!
Apertiñas castañeiras!!
Oohhh!!! Que tantos recordaos bonitos me veñen á cabeza de cando nòs estábamos ai, nese mismo patio, festexando o magosto e xogando ao xogo da Chave… da rá, á corda…. E ese olor a castañas asadas…. Gracias por por facernos revivir a todos os papás e mamás a nosa infancia !!! Que ben o pasaron 🥰🥰🥰🥰 e que guap@s vestidos con traxes típicos 🥰🥰❤️❤️ Mamá Valentina
ResponderEliminarEstaba esperando este momento, gustanme os xogos tradicionais!!💯💤👀👭👬🍄🪵🌰🌰🐿️🦫🏕️⛳🇪🇦😹. Breixo
ResponderEliminarQue alegría ver o ben que o pasan nestas festas tan populares, eses xogos dos que todos empezamos a disfrutar na nosa infancia e que sempre gustan e que tantos obxectivos cumplen. Que divertidos os XOGOS TRADICIONAIS!!
ResponderEliminarE sobre todos gracias a todo os profes do cole por facer un día diferente e moi especial, noraboa 👏👏👏👏 A nai de Hugo
Castañas asadas que saben moi ben!!!...🤩🤩. Un día divertido e cheo de cousas tradicionais...lástima que a Vera se lle rompera un zoco...quedou con ganas de bailar máis. 👩🏭🌰🌰🌰🌰🌰🌰
ResponderEliminar