martes, 21 de novembro de 2023

A festa do MAGOSTO!!

 Ola peques e familias!! 

Como nos gustan as FESTAS!! E máis se manteñen tradicións como a do MAGOSTO!! Foi un día do máis intenso e especial!! E nos viñamos vestid@s para a ocasión!! E tamén tod@s @s mestr@s!!

Primeiro @s mestr@s xunto cos compis de sexto tiñan preparados unha morea de XOGOS TRADICIONAIS!! Que ben o pasamos con 1ºB, para mostra estas imaxes!! 

Hai xogos realmente interesantes e algúns creados polo mestre Toño co seu carteliño explicativo!! Grazas profe!!

Despois tocou repoñer forzas merendando as CASTAÑAS que prepararon os mestres Toño e Alberto!!  

Preparamos todo...e a papar!!

Estaban boísimas!! 

Pero a sorpresa foi cando nos trouxeron uns boliños preñados!! Como nos puxemos!!

E como boa FESTA POPULAR faltaba a FOLIADA!! A profe de música Patri púxose ao frente acompañada da profe Olalla e unhas marabillosas compis pandereteiras e... non paramos de cantar e bailar!! 

Un OLE enorme pola RODA FINAL DE TODO O COLE, pola gran voz da nosa mestra e polo gran TRABALLO EN EQUIPO para conseguir esta festaza!! 

Xa di a profe Ali... 

que sempre funciona!!

Só quedaba aproveitar as brasas para que @s nos@s compis de sexto queimaran os MEDOS de todo o cole que recolleron no SAMAÍN!! Xa quedaron todos fóra!!

VAIA DÍA MÁIS CHULO!! 

Este cole si que mola,

se merece unha ooooola!! 

PRONTIÑO...máis!! 

Apertiñas castañeiras!!

4 comentarios:

  1. Oohhh!!! Que tantos recordaos bonitos me veñen á cabeza de cando nòs estábamos ai, nese mismo patio, festexando o magosto e xogando ao xogo da Chave… da rá, á corda…. E ese olor a castañas asadas…. Gracias por por facernos revivir a todos os papás e mamás a nosa infancia !!! Que ben o pasaron 🥰🥰🥰🥰 e que guap@s vestidos con traxes típicos 🥰🥰❤️❤️ Mamá Valentina

    ResponderEliminar
  2. Estaba esperando este momento, gustanme os xogos tradicionais!!💯💤👀👭👬🍄🪵🌰🌰🐿️🦫🏕️⛳🇪🇦😹. Breixo

    ResponderEliminar
  3. Que alegría ver o ben que o pasan nestas festas tan populares, eses xogos dos que todos empezamos a disfrutar na nosa infancia e que sempre gustan e que tantos obxectivos cumplen. Que divertidos os XOGOS TRADICIONAIS!!
    E sobre todos gracias a todo os profes do cole por facer un día diferente e moi especial, noraboa 👏👏👏👏 A nai de Hugo

    ResponderEliminar
  4. Castañas asadas que saben moi ben!!!...🤩🤩. Un día divertido e cheo de cousas tradicionais...lástima que a Vera se lle rompera un zoco...quedou con ganas de bailar máis. 👩‍🏭🌰🌰🌰🌰🌰🌰

    ResponderEliminar

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...